Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996 pola que se lle dá publicidade á adxudicación da contratación dos servicios de mantemento e reparación integral dos vehículos do parque móbil da Xunta de Galicia.

Por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública de data 26 de decembro de 1995, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248 do mesmo mes, convocouse concurso por procedemento aberto para a contratación dos servicios de mantemento integral dos vehículos do parque móbil da Xunta de Galicia.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e a proposta da mesa

de contratación constituída para o efecto, o titular desta consellería, por Resolución do 27 de febreiro do presente ano, acordou o seguinte:

Primeiro.-Declarar deserta a adxudicación dos lotes 2º, 3º, 4º e 5º, por non terse presentada ningunha oferta.

Segundo.-Adxudicarlle á empresa Noyamóvil, S.L. a realización dos servicios citados, relativos ó lote 1º do concurso.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

2719