Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1996, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da asistencia técnica para a elaboración do proxecto, realización e seguimento da campaña institucional de promoción dos valores de Galicia.

Orzamento da asistencia técnica: 15.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: ata o 31 de outubro de 1996, agás o mes de agosto.

Fianza provisional: non se esixe.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte día ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 4.2 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo. Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Clasificación das empresas licitantes: ó abeiro da Orde do 24-11-1982, modificada pola do 30-1-1991, o adxudicatario deste contrato deberá dispor da clasificación seguinte:

Grupo I, subgrupo 3, categoría B

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

P.D. (Orde 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

1960