Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de axencias máritimas e aduaneiras.

Visto o expediente do convenio colectivo de axencias marítimas e aduaneiras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-1-1996, subscrito en representación da parte económica por Proamar, Ascofer, e, da parte social, por UGT e CC.OO., o día 30-11-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xaneiro de 1996.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo de axencias máritimas e aduaneiras da provincia da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas de axencias de aduanas, consignatarios de buques, estibadores de carga e descarga e comisionistas de tránsito, establecidas na provincia da Coruña ou que desenvolvan as súas actividades nela, e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus servicios por conta dalgunha das empresas comprendidas nel, calquera que sexa a categoría profesional que ostenten.

Así mesmo, quedarán incluídos aqueles que, sen perteneceren ó cadro de persoal das empresas en cuestión no moemento de se aproba-lo convenio, comecen a presta-los seus servicios durante a vixencia deste.

Artigo 3º.-Entrada en vigor e duración.

Este convenio entrará en vigor con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1995, agás no relativo ás condicións económicas, que se aplicarán a partir do día 1º de decembro de 1995 ata a entrada en vigor dun novo convenio colectivo.

Calquera das partes poderá formular denuncia do presente convenio colectivo, propoñendo revisión ou rescisión dentro dos tres meses seguintes ó da súa publicación no DOG ou, en caso de prórroga, dentro dos tres últimos meses respecto da data de expiración do período de vixencia de calquera das prórrogas.

Artigo 4º

Os incrementos pactados neste convenio colectivo non sufrirán actualización ningunha durante a vixencia del, en razón do IPC ó 31 de decembro de 1995. Xa que logo, os salarios establecidos no presente convenio non serán sometidos a ningunha revisión.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que, por calquera clase de concepto e no seu conxunto, sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio colectivo, entendéndose estrictamente ad personam. En todo o demais, as condicións desfrutadas polos traballadores entenderanse unificadas polas normas deste convenio.

Artigo 6º.-Absorción.

Tendo en conta a natureza do convenio, as disposicións legais futuras que impliquen variación económica en todos ou algúns dos conceptos retributivos existentes ou por creación doutros novos unicamente terán eficacia práctica ser globalmente considerados e sumados ós vixentes con anterioridade ó convenio, superan o nivel total deste. En caso contrario, considéranse absorbidos polas melloras pactadas neste convenio.

Capítulo II

Réxime laboral

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

a) Persoal técnico. Ademais do persoal técnico habitualmente considerado como tal nas actividades afectadas polo presente convenio colectivo, quedan incluídos neste grupo os profesores mercantís e graduados sociais, sempre que sexan contratados polas empresas para prestar servicios propios da súa profesión. Para efectos salariais serán equiparados a xefes de negociado e oficiais, segundo que realicen xornada completa ou misión simplemente de asesores.

b) Persoal de oficios varios. Considerarase persoal de oficios varios aquel que, como mecánicos, elec

tricistas, carpinteiros, etc., realicen traballos propios do seu oficio nas empresas incluídas neste convenio. O dito persoal será clasificado de conformidade cos criterios que veñen rexendo para cada especialidade nas actividades afectadas polo presente convenio. Non obstante o disposto no parágrafo anterior, os conductores de camión, guindastres e pas elevadoras autopropulsadas serán oficiais de primeira se executan toda clase de reparacións que non esixan elemento de taller; nos demáis casos, serán, como mínimo, oficiais.

Artigo 8º.-Ascensos.

Para o obxecto de lles da-la suficiente mobilidade ás escalas, os auxiliares administrativos maiores de 23 anos e con cinco anos de servicios efectivos na empresa como empregados administrativos ascenderán automaticamente a oficiais, coa obriga de seguir a desempeña-las mesmas funcións en tanto non existan vacantes na súa nova categoría.

Os oficiais administrativos pasarán a xefes de negociado ós dez anos de servicio na mesma categoría, de acordo cos cadros de persoal establecidos en cada empresa; de non haber vacante, manterase na mesma categoría, percibindo, como compensación, o 75% das diferencias entre as categorías de oficios e xefe de negociado.

O presente artigo só será aplicable ós traballadores que se encontraban en activo na empresa o día 31 de decembro de 1990.

Artigo 9º

Acéptase como principio regulador das relacións entre empresa e traballador que, a igual traballo, sen distincións de sexo, debe corresponder igual retribución, respectando sempre os dereitos que impliquen antigüidade.

Artigo 10º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, de luns a venres, para tódolos traballadores.

Xornada de verán. O persoal titulado e administrativo terá unha xornada continuada de sete horas diarias desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, ambos incluídos.

O cómputo anual será de 1.826 horas e 27 minutos.

As partes comprométese a estudiar durante as negociacións para o convenio colectivo para o ano 1996 a flexibilidade de xornada para o persoal do porto.

Artigo 11º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar terá dereito, unha vez cumprido este, a se reincorporar ó seu posto de traballo. Non terá dereito a percibir da empresa durante este período cantidade económica de ningún tipo.

Réxime económico

Artigo 12º

As táboas salariais aplicables a partir do 1 de decembro de 1995 son as que figuran no anexo I.

Artigo 13º.-Premio de antigüidade.

O premio de antigüidade consistirá en trienio do cinco por cento de incremento sobre os salarios base aplicables en cada momento.

O dito premio non poderá supera-lo sesenta por cento do salario base.

Os traballadores que, á entrada en vigor do presente convenio, teñan unha porcentaxe de antigüidade superior conservarano como garantía ad personam.

Artigo 14º.-Premio de idiomas.

A gratificación por este concepto será de 6.522 pesetas mensuais.

Artigo 15º.-Quebrantamento de moeda.

A indemnización por este concepto será de 6.522 pesetas mensuais.

Artigo 16º.-Apoderados.

Os traballadores, calquera que sexa a súa categoría, que realicen funcións de apoderado desfrutarán, sobre o soldo que lles corresponda, dunha gratificación de 6.522 pesetas mensuais.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese, para compesa-los gastos de desprazamento de persoal ós centros de traballo, un plus de 17.121 pesetas mensuais, descontándose a parte proporcional correspondente por cada día laborable non traballado, sexa cal fora a causa.

Artigo 18º.-Plus de asistencia ó traballo.

Establécese un plus de asistencia para o persoal, consistente en 6.522 pesetas mensuais, descontándose 296 pesetas por día laborable non traballado, a excepción do período de vacacións, que se percibirá íntegro, igual que durante a situación de ILT por enfermidade ou accidente.

Artigo 19º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio para tódolos traballadores. Os importes por categorías do devandito plus son os que figuran na táboa do anexo I. O plus de convenio farase efectivo nas doce mensualidades, e máis nas catro pagas extraordinarias. Este plus de convenio aplicarase desde o 1º de decembro de 1995.

Artigo 20º.-Salario hora profesional.

O salario hora profesional deixa de ter virtualidade para o cómputo do valor da hora extraordinaria, ó computarse, como inamovible para 1995, a regulación das horas extraordinarias, na forma seguinte:

a) Clasificación das horas extraordinarias distinguiranse dous tipos de horas extraordinarias, tipo A e tipo B.

No porto da Coruña serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 22 horas e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

No porto de Ferrol serán horas tipo A as realizadas de luns a venres entre as 6 e as 23 horas e as realizadas os sábados entre as 6 e as 14 horas.

Serán horas tipo B no porto da Coruña as realizadas entre as 22 e as 6 horas, as realizadas en sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

Serán horas tipo B no porto de Ferrol as realizadas entre as 23.30 e as 6 horas, as realizadas en sábados a partir das 14 horas e as realizadas en domingos e festivos.

b) Valor das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias tipo A serán as que figuran na táboa do anexo I.

As horas extraordinarias tipo B serán as que figuran na táboa do anexo I.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá catro pagas extraordinarias, dunha mensualidade cada unha delas, calculándose de acordo co salario base, máis antigüidade e máis plus de convenio, e faranse efectivas na primeira quincena nos meses de marzo, xullo, outubro e decembro.

Exclusivamente no mes de decembro de 1995, e por unha soa vez, os traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación consistente en multiplicar por 15 o plus de convenio. Esta gratificación cotizará á Seguridade Social sumada á retribución correspondente ao mes de decembro de 1995.

Artigo 22º.-Compensación en caso de accidente.

En caso de accidente de traballo con incapacidade transitoria, as empresas coidarán que se aboe o complementario necesario ó salario asegurable para que, xunto coa prestación económica da entidade aseguradora, o traballador perciba o total da súa retribución desde o primeiro día en que ocorreu o accidente, incluído.

Artigo 23º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade, os salarios que o traballador percibirá serán do 100 por cento, cobrando a diferencia existente entre a prestación que reciba no INSS pola dita enfermidade, tendo a facultade a empresa para revisar e facer recoñecer ó traballador por médiso ó seu servicio.

Artigo 24º.-Premio por xubilación.

Ó se xubilar un traballador con 20 anos de servicio na empresa, sempre que o faga ó cumpri-la idade de 65 anos, percibirá, como indemnización, o importe de 12 mensualidades, consistentes en salario base máis antigüidade.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias estructurais.

De acordo co artigo terceiro da Orde do 1 de marzo de 1983, terán a consideración de horas extraordinarias estructurais, dentro do sector afectado polo presente convenio, as realizadas con motivo da adap

tación os horarios do porto, onde, en ocasións, os buques traballan dúas ou tres xornadas continuadas, o que obriga ó persoal das empresas consignatarias, estibadoras e transitarias ó traballo intensivo, co obxecto de atende-los buques e as mercadorías que estes mobilizan nos distintos peiraos e almacéns. Así mesmo, considéranse horas estructurais as realizadas por necesidade do servicio os sábados, domingos e festivos.

En todo o mencionado neste artigo haberá que aterse ó establecido no artigo 34.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 26º.-Festa patronal.

Establécese o día da Virxe do Carme como festa patronal.

Artigo 27º.-Vacacións.

Os empregados, calquera que sexa o grupo ou categoría á que pertenzan, teñen dereito a unha vacación anual cunha duración que será de 30 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa.

As empresas establecerán, para cada centro de traballo ou dependencia, o cadro de vacacións do persoal afecto a ela, coidando que os servicios queden atendidos e procurando acceder ós desexos daquel, tendo en conta, en todo caso, o establecido no artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

Nas oficinas que conten cunha organización por seccións e cunha extensión de cadro de persoal que o permita, farase un cadro por sección, sen prexuízo da coordinación que deba establecerse entre todos, de acordo co programa xeral da oficina.

A duración da vacación para o persoal que leve ó servicio da empresa menos de un ano estará en proporción ó tempo de servicio; a fracción de mes considerarase como un mes completo.

Artigo 28º.-Comisión paritaria.

Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio no DOG constituirase unha comisión paritaria formada por tres empresarios e tres traballadores, como órgano de interpretación e vixilancia, para o seu máis eficaz cumprimento.

Esta comisión paritaria estará integrada polas seguintes persoas:

Representación social: Pedro García Flores, Manolo Pardo López e Bienvenido Martínez Barro.

Representación empresarial: Juan Ibáñez Casco, Francisco Javier Santiáñez Orero e Santiago Pérez Torres.

Artigo 29º.-Garantías dos traballadores. Garantías sindicais.

Ningún traballador que estea representando ós traballadores, delegado de persoal, delegado de empresa, membro da comisión representativa ou outra representatividade encomendada poderá ser despedido durante un prazo dun ano, con posterioridade ó cesamento da súa representación, agás falta sus

ceptible de ser sancionada con despido, suficientemente probada e logo de incoación de expediente.

Os delegados dos traballadores, así como os membros da comisión representativa, disporán do tempo libre necesario dentro do horario laboral para asistir a cantas reunións e asembleas se coiden necesarias, establecéndose un máximo segundo o establecido no Estatuto dos traballadores (Ley 8/1980, do 10 de marzo), aboado pola empresa.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS

CategoríasCómputo

mensual

Plus

convenio

Cómputo

anual

H. extra

A

H. extra

B

Titulado superior126.7855.7692.387.4541.7452.470

Titulado medio
Grupo A110.8315.0432.120.5761.5262.200
Grupo B103.6784.7172.000.9211.4272.200

Administrativos
Xefe de sección126.7855.7692.387.4541.7452.470
Xefe de negociado110.8315.0432.120.5761.5262.200
Asimilado a xefe de Ngdo.107.7834.9042.069.5891.4842.200
Oficial administrativo98.6374.4881.916.5951.3582.200
Auxiliar administrativo78.0373.5511.571.9981.0741.520
Menores de 18 anos64.5902.9391.347.0578891.258
Telefonista74.7663.4021.517.2811.0291.456

Subalternos
Conserxe82.3903.7491.644.8151.1341.605
Cobrador77.0063.5041.554.7511.0601.500
Porteiro75.1063.4171.522.9681.0341.463
Sereno75.1063.4171.522.9681.0341.463
Menores de 18 anos61.8132.8121.300.6038511.204
Persoal de limpeza75.1083.4171.523.0021.0341.463
Ordenanza77.0063.5041.554.7511.0601.500

Servicios varios
a) Categorías básicas
Encargado de sección86.2873.9261.710.0041.1902.200
Oficial de 1ª83.4523.7971.662.5801.1902.200
Oficial de 2ª79.9123.6361.603.3631.1001.557
Peón77.0063.5041.554.7511.0601.500
Menores de 18 anos62.1032.8261.305.4548551.210

b) Categorías asimiladas
Conductor de camión79.9123.6361.603.3631.1001.557
Conductor de turismo79.9123.6361.603.3631.1001.557
Manipulante79.9123.6361.603.3631.1902.200
Encargado de almacén/

almaceneiro

83.4523.7971.662.5801.1902.200
Mozo de almacén77.0063.5041.554.7511.0601.500
Cosedor/a77.0063.5041.554.7511.0601.500

1234