Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.341

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se publica o orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para 1996.

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o orzamento da universidade para o ano 1996.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 63 e) dos estatutos da universidade, resolve publica-lo acordo do Consello Social de aprobación do orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 1996, así como as súas bases de execución.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Orzamento da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 1996

En virtude do disposto no artigo 54 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e no artigo 225 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, pola presente norma apróbanse os orzamentos da Universidade de Santiago de Compostela para o exercicio 1996, que acadan a contía inicial en ingresos e gastos de dezaoito mil seiscentos trinta e catro millóns de pesetas.

1. Clasificación económica

Ingresos18.634.000.000

Capítulo III. Prezos públicos e outros ingresos3.696.513.000

Capítulo IV. Transferencias correntes13.374.737.000

Capítulo V. Ingresos patrimoniais65.000.000

Capítulo VII. Transferencias de capital1.497.750.000

Gastos18.634.000.000

Capítulo I. Retribucións de persoal12.212.000.000

Capítulo II. Gastos en bens correntes e servicios2.396.020.000

Capítulo III. Gastos financeiros120.000.000

Capítulo IV. Transferencias correntes479.460.000

Capítulo VI. Investimentos reais2.973.520.000

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros453.000.000

2. Normas de execución do orzamento

2.1. Dos gastos de persoal

Artigo 1º

1. As retribucións do persoal activo ó servicio da Universidade quedan suxeitas ó que nesta materia dispón a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma galega. Os incrementos retributivos do persoal laboral deberán ser autorizados pola Comunidade Autónoma, segundo a Lei orzamentaria.

2. Os custos do persoal laboral eventual contratado para substituí-lo persoal funcionario ou laboral de administración e servicios, serán financiados con cargo ós créditos dos correspondentes cadros de persoal.

3. Cando se produzan baixas definitivas nas escalas a extinguir dos cadros de persoal de administración e servicios funcionario ou laboral, proce

derase ó reaxuste dos cadros de persoal correspondente e, no próximo exercicio, dos créditos a eles asignados. O custo de persoal funcionario de administración e servicios minórase polo importe das prazas ocupadas por persoal laboral a extinguir e increméntase na mesma contía o cadro de persoal laboral.

4. Poderase xerar crédito no capítulo I para gastos de persoal, con motivo da prestación de servicios financiados con prezos. Os gastos deste persoal, incluídas as cotas sociais, non poderán supera-los ingresos.

5. Non se poderán abrir partidas orzamentarias no capítulo primeiro para gastos de persoal vinculado a proxectos ou convenios de investigación.

6. Constitúese un fondo para ampliación e mellora de 393 millóns de pesetas na partida orzamentaria 8125 3000 12200. Ampliación e mellora, dos que 317 millóns corresponden a persoal docente e 76 millóns a PAS.

7. Os aforros consecuencia do pagamento delegado da Seguridade Social poderán xerar crédito nas partidas de persoal que se indican:

-Pagamento delegado de profesorado en profesorado contratado.

-Pagamento delegado de PAS funcionario e laboral en persoal laboral.

8. Terán a consideración de créditos ampliables os créditos para o pagamento dos gastos de mérito docente, productividade investigadora, trienios e seguridade social.

9. Autorízase a incorporación dos remanentes do capítulo I, polo importe das retribucións e demais gastos de persoal con dereito a percepción durante 1995 e que non foran liquidados no exercicio.

10. Autorízase na data de cerramento do exercicio a efectua-las xeracións e ampliacións de crédito establecidas nos artigos anteriores.

11. Inclúense no capítulo I os créditos destinados ó financiamento dos plans de formación do persoal de administración e servicio.

2.2. Dos créditos e as súas modificacións

Artigo 2º

1. Os créditos autorizados teñen carácter vinculante e limitativo a nivel de concepto. Sen embargo, os créditos destinados a gastos de persoal terán carácter vinculante a nivel de capítulo, agás o artigo 10 (persoal eventual) e o artigo 15 (gratificacións e productividade), e os investimentos reais, que terán carácter vinculante a nivel de artigo. Os gastos en bens correntes e servicios terán carácter vinculante a nivel de capítulo, coas seguintes excepcións:

a) O concepto 212 non poderá ser minorado, pero mediante redistribución de créditos do capítulo II dos centros poderá ser incrementado, logo de comunicación ó Servicio de Contabilidade e Orzamentos.

b) Terán carácter vinculante os créditos con financiamento específico.

c) Terán carácter vinculante a nivel de subconcepto as subvencións nominativas.

2. Non se poderán adquirir compromisos de gastos por contía superior ó importe dos créditos autorizados no estado de gastos e serán nulos de pleno dereito os actos administrativos e as disposicións xerais que infrinxan esta norma, sen prexuízo das responsabilidades que correspondan.

3. Os créditos asignados pola Xunta de Goberno e o Consello Social ás facultades, escola politécnicas superiores, escolas universitarias terán por finalidade financia-los gastos da docencia, así como tamén aqueles gastos que son necesarios para o funcionamento ordinario do centro.

4. Os créditos distribuídos ós departamentos teñen como primeiro obxectivo atende-los gastos derivados da investigación que se faga neles, e deberán financiar, ademais, outros gastos asociados ó seu funcionamento ordinario.

5. Non se poderá promover contratación de persoal ou nomeamento de bolseiros con cargo ós créditos dos departamentos.

6. As partidas orzamentarias do orzamento para 1996 preséntanse de acordo coas clasificacións económica, funcional e orgánica. Neste exercicio non se realizan vinculacións xurídicas dentro da clasificación funcional.

7. Os créditos descentralizados correspondentes a:

* Arrendamentos.

* Reparación e conservación de maquinaria, instalacións e utensilios.

* Auga.

* Enerxía eléctrica.

* Combustible de calefacción.

Distribúense segundo os seguintes criterios, redondeados a múltiplos de 1.000 por exceso:

a) Para os contratos de arrendamento e reparación e conservación, o importe anual do contrato previsto para 1996.

b) Para os correspondentes a auga, enerxía eléctrica e combustible de calefacción, o crédito consignado inicialmente en 1995 mailas ampliacións autorizadas antes do cerramento do exercicio incrementado o crédito final nun 3%. Os créditos serán axustados en función dos gastos reais do exercicio anterior e das ampliacións dos centros e servicios. Estes axustes serán recollidos na partida de imprevistos

8. Os responsables de asuntos económicos deberán formaliza-la retención de crédito polo importe total dos créditos asignados nos puntos a) e b) do apartado anterior.

9. Os gastos de reparación e mantemento de edificios que sexan inferiores a 200.000 ptas deberán financiarse con cargo ó crédito descentralizado nos centros para esa finalidade.

Artigo 3º

1. A Xunta de Centro e o Consello do Departamento teñen a obriga de aproba-la distribución anual dos seus créditos, así como a súa execución.

Artigo 4º

1. A modificación dos créditos orzamentarias axustarase ó disposto no artigo 55 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, no Art. 229 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, e nas normas que o desenvolven e ás presentes bases.

2. O Consello Social delega na Xunta de Goberno a aprobación de suplementos de crédito e créditos extraordinarios cando estes correspondan a expedientes con financiamento específico achegado por outros entes públicos ou privados. O rector daralle conta ó Consello Social dos expedientes aprobados.

3. Poderán xerar crédito nos estados de gastos do orzamento da universidade, os ingresos liquidados que superen a previsión de ingresos orzada, derivados das seguintes operacións:

a) Prestacións de servicios.

b) Achegas de persoas naturais ou xurídicas para financiar gastos que pola súa natureza estean comprendidos nos fins ou obxectivos da universidade.

4. Correspóndelle ó rector a aprobación dos expedientes de xeración de crédito.

Artigo 5º

1. Cando existindo crédito no exercicio económico, non se realizasen tódolos trámites establecidos na regulamentación económico-financeira para o recoñecemento de obrigas, a Xunta de Goberno procederá a valida-lo expediente. O rector daralle conta destes expedientes ó Consello Social. Os expedientes que resulten de acordos de validación de gastos imputaranse ó exercicio económico no que se aproben as ditas validacións.

2. A facturación por cargos internos, os documentos de gasto pagados con cargo á conta de anticipos a xustificar correspondentes a exercicios anteriores, así como as indemnizacións por razón do servicio pendentes ó peche do exercicio, imputaranse ó exercicio corrente sen o trámite de validación da obriga pola Xunta de Goberno, ó non existir obriga con terceiros, estar só pendente de contabilización ou tratarse de gastos de persoal.

Artigo 6º

1. Son remanentes específicos os créditos non obrigados a 31 de decembro correspondentes a infraestructura, proxectos e convenios de investigación, prácticas de campo, dotación artística, fondo de solidariedade e os créditos financiados con achegas específicas.

2. A incorporación destes créditos deberá autorizalos o rector. O rector daralle conta á Xunta de Goberno e mais ó Consello Social dos expedientes aprobados.

3. O financiamento de créditos no estado de gastos con cargo ó remanente de libre disposición será aprobado pola Xunta de Goberno.

4. A incorporación de remanentes de crédito correspondentes a departamentos e outras operacións de capital será autorizada polo rector, logo da remisión dos plans de investimento propostos polos órganos dos centros e departamentos.

2.3. Minoración do déficit presupostario

Artigo 7º

Autorízase o rector para a realización das operacións de cancelación de déficit orzamentario a 31-12-1996, sempre e cando se cumpran as previsións de ingresos orzadas e segundo os seguintes criterios:

1. Se os créditos orzados de profesorado contratado e de persoal laboral foran suficientes na data do peche de exercicio e non necesitaran ser ampliados, o importe do aforro polo pagamento delegado dedicarase á cancelación de operacións extraorzamentarias debedoras correspondentes a gastos de persoal.

2. Os remanentes a 31-12-1996 do capítulo I do orzamento poderanse imputar á cancelación de operacións extraorzamentarias de gastos de persoal de exercicios anteriores.

3. Os importes consignados no capítulo IX correspondentes a compensación de prezos públicos por matrículas de alumnos coa condición de familia numerosa ou de funcionarios e os seus beneficiarios do sistema educativo de Galicia, aplicaranse para minorar déficit en función dos importes realmente recoñecidos.

2.4. Da contratación administrativa

Artigo 8º

1. Serán de aplicación para o exercicio de 1996 as instruccións dictadas en aplicación da Lei de contratos das administracións públicas durante 1995 e o Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela que en desenvolvemento daquela se aprobe pola Xunta de Goberno e o Consello Social.

2. Procederá poñer en coñecemento do Servicio de Xestión Económica todos aqueles gastos para os que, con independencia da súa contía, se considere procedente a sinatura de contrato.

3. Constitúese un fondo de dotación artística mediante redistribución dos créditos para obras do orzamento da universidade polo importe do 2% do custo de execución material dos proxectos de obras.

2.5. Do regulamento de xestión orzamentaria

Artigo 9º

Autorízase o xerente da universidade para que dicte as instruccións necesarias para a adaptación do regulamento de xestión orzamentaria vixente e posterior proposta de novo regulamento, se for necesario, pola implantación das novas aplicacións contables da universidade.

2.6. Da memoria anual

Artigo 10º

Os centros, departamentos e servicios deberán elaborar unha memoria económica anual no prazo de

dous meses contados a partir do peche do exercicio económico. Estas memorias xuntaránselle á memoria económica anual da universidade.

Disposición final

As presentes normas entrarán en vigor o día seguinte ó da aprobación definitiva do orzamento polo Consello Social, sen prexuízo de que a súa execución se entenda a partir do 1 de xaneiro de 1996.

2647