Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.340

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia a publicación das listas provisionais de admitidos e excluídos para os cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo.

A comisión de selección dos participantes para os cursos IX, X, XI, XII e XIII para a obtención do diploma de directivo da Xunta de Galicia, acordou na súa reunión do día 3 de abril de 1996, facer públicas as listas provisionais de admitidos e de excluídos.

En consecuencia, esta direccción,

RESOLVE:

Primeiro.-Anunciar que as listas de excluídos, así como as de admitidos coas puntuacións correspon

dentes á fase de baremo, estarán expostas nas seguintes oficinas: Escola Galega de Administración Pública, Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segundo.-Dar un prazo de cinco días naturais, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que se formulen as alegacións que se estimen necesarias.

Terceiro.-Fixar en 0,50 puntos a puntuación mínima necesaria para acceder á entrevista.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2071