Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.343

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996 pola que se nomea un novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador social de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

No anexo III da Resolución do 31 de xaneiro de 1996 (DOG nº 35, do 19 de febreiro), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso na categoría de traballador social de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que teñan que substituí-los que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas no apartado 5 da mesma base así como os substitutos daqueles, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Modifica-lo anexo III da Resolución do 31 de xaneiro de 1996 pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador social de persoal estatutario do Sergas convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995, nomeándose presidente suplente a Javier Bouzada Romero, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia, subdirector xeral de Xestión e Ordenación de Recursos Humanos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.

Segundo.-A presente resolución producirá efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

P.D. (Acordo 21-3-1996)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

2656