Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de servicios de limpeza das instalacións do INEF de Galicia e tres máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los respectivos procedementos de adxudicación mediante procedemento aberto e concurso público, tramitación urxente, dos contratos de servicios que a continuación se identifican:

-Provincia da Coruña:

1. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións do INEF de Galicia, sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 6, categoría A.

b) Orzamento de licitación, IVE incluído: 10.811.858 ptas. (dez millóns oitocentas once mil oitocentas cincuenta e oito pesetas).

c) Vixencia do contrato: 4 de maio de 1996 ó 3 de maio de 1997.

d) Garantía provisional: 216.237 ptas. (duascentas dezaseis mil duascentas trinta e sete pesetas).

e) Garantía definitiva: 432.474 ptas. (catrocentas trinta e dúas mil catrocentas setenta e catro pesetas).

2. Obxecto do contrato: vixilancia e portería do INEF de Galicia sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo II, subgrupo 2, categoría A.

b) Orzamento de licitación, IVE incluído: 10.528.100 ptas. (dez millóns cincocentas vinteoito mil cen pesetas).

c) Vixencia do contrato: 14 de maio de 1996 ó 13 de maio de 1997.

d) Garantía provisional: 210.562 ptas. (duascentas dez mil cincocentas sesenta e dúas pesetas).

e) Garantía definitiva: 421.124 ptas. (catrocentas vinteunha mil cento vintecatro pesetas).

3. Obxecto do contrato: mantemento das instalacións e maquinaria do INEF de Galicia, sito en Bastiagueiro, Oleiros (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

b) Orzamento de licitación, IVE incluído: 3.080.196 ptas.(tres millóns oitenta mil cento noventa e seis pesetas).

c) Vixencia do contrato: 1 de maio de 1996 ó 30 de abril de 1997.

d) Garantía provisional: 61.604 ptas. (sesenta e unha mil seiscentas catro pesetas).

e) Garantía definitiva: 123.208 ptas. (cento vintetrés mil duascentas oito pesetas).

-Provincia de Pontevedra:

4. Obxecto do contrato: limpeza das instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sito na rúa Fernando Olmedo, nº 3 de Pontevedra.

a) Clasificación do contratista: non se esixe.

b) Orzamento de licitación, IVE incluído: 6.465.894 ptas. (seis millóns catrocentas sesenta e cinco mil oitocentas noventa e catro pesetas).

c) Vixencia do contrato: 9 de maio de 1996 ó 8 de maio de 1997.

d) Garantía provisional: 129.318 ptas. (cento vintenove mil trescentas dezaoito pesetas).

e) Garantía definitiva: 258.636 ptas. (duascentas cincuenta e oito mil seiscentas trinta e seis pesetas).

Exposición de pregos de cláusulas e prescricións técnicas: os pregos e cláusulas administrativas e de prescricións técnicas poderán examinarse no Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

As proposicións económicas deberán ir acompañadas, en sobre á parte, dos documentos enumerados no artigo 80 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e dos que permitan aplica-los criterios de avaliación ós que refire o prego de cláusulas administrativas particulares.

Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicarlle ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola mesa de contratación desde as 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os licitadores que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada un dos contratos citados quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente, de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional polo importe do 2% do orzamento de licitación.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

A documentación que sexa aportada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados suficientes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán por conta do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9602083