Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 8 de marzo de 1996 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro dos intercambios bilaterais do programa Campaña Verán-96 de ámbito nacional.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa de fomento da actividade xuvenil, figuran entre os obxectivos do cal a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polas que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, o mesmo que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-96.

A oferta da Campaña Verán-96 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, e a súa celebración terá lugar noutras comunidades autónomas de España.

A Dirección Xeral de Xuventude pretende desta forma potencia-los intercambios de mozos, a través da realización de diversas actividades relacionadas co ocio e o tempo libre, todas elas organizadas fóra de Galicia, co fin de enriquece-la cultura da mocidade, fomentando a convivencia con mozos doutras comunidades autónomas. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlles ós mozos a participación en actividades de tempo libre organizadas fóra de Galicia, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral desenvolveranse nas comunidades autónomas de España en quendas de quince días durante os meses de xullo e agosto.

Nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil ou nas oficinas TIVE-Galicia, os mozos poden solicitar folletos de convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre a organización de cada actividade, lugar de celebración e características de cada unha.

Artigo 2º

A Dirección Xeral de Xuventude organiza e coordina tódalas actividades motivo da presente convocatoria a través da Oficina de Turismo e Intercambios de Mozos e Estudiantes de Galicia (TIVE-GALICIA).

Artigo 3º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña de Verán-96 supón a inscrición individual e permítelle á xuventude dispoñer dos seguintes servicios:

3.1. Un programa de actividades de aire libre e natureza, rutas turístico-culturais, recreatrivas, obradoiros, etc., que posibiliten a participación dos mozos/as e a convivencia con mozos/as doutras comunidades autónomas.

3.2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou acampadas.

3.3. Manutención en réxime de pensión completa.

3.4. O material necesario para a actividade.

3.5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación socio-cultural e actividades de tempo libre.

3.6. Seguro de accidentes.

Artigo 4º.-Participantes.

Poden solicita-la súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas no rango de idades que se especifica para cada actividade no anexo I. Para estes efectos, as idades mínimas entenderanse cumpridas durante o ano 1996, excepto naqueles casos en que a idade mínima son os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade.

En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, deberase ter, se é o caso, a 1-7-1996 para aquelas que se desenvolvan en xullo e a 1-8-1996 para as que se desenvolvan en agosto, non admitíndose aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 5º.-Solicitude.

5.1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de tres quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde). Xunto coa solicitude presentarase fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

5.2. As solicitudes dirixiránselle ó director xeral de Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos das súas delegacións provinciais, ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará o día 9 de maio de 1996.

Artigo 7º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación de prazas realizarase da seguinte forma:

7.1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere a oferta de prazas.

7.2. Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase unha vez cerrado o prazo de solicitude e recibidas tódalas solicitudes.

O resultado do sorteo farase público, e confeccionaranse as correspondentes listas de admitidos e de espera para cada quenda e actividade.

Artigo 8º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Dirección Xeral de Xuventude ou nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no prazo de dez días desde a recepción do escrito de adxudicación da praza, a seguinte documentación:

8.1. Xustificación de pagamento.

8.2. Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

8.3. Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

8.4. Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de estar apto para participar na actividade.

En caso contrario decaerá a adxudicación realizada e corresponderalle ó seguinte solicitante da lista de espera.

Artigo 9º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

Comunidade

autónoma

Instalación xuvenilModalidadeIdadeDataImporte

praza

Código

Principado de

Asturias

Albergue xuvenil Arriondas e albergue xuvenil Fonte del CaiNatureza e deporte15-172 ó 16/xullo22.000500.001

BalearesCampamento xuvenil La VictoriaMultiaventura15-171 ó 15/agosto35.000500.002

CanariasResidencia xuvenil Sta. María de GuíaEncontro turístico-cultural14-1716 ó 30/xullo40.000500.003

Castela-LeónAlbergue xuvenil Navarredondo de GredosAventuras ó aire libre15-171 ó 15/xullo22.000500.004

Campamento xuvenil CovaledaEncontro interautonómico12-141 ó 15/agosto22.000500.005

Residencia xuvenil Consejo Europa

Residencia xuvenil Gil de Siloe

Ruta interautonómica15-171 ó 15/agosto22.000500.006

MurciaAlbergue xuvenil El PeñascoDeporte e natureza14-172 ó 16/xullo22.000500.007

Albergue xuvenil El PeñascoDeporte e natureza14-1717 ó 31/xullo22.000500.008

NavarraCampamento xuvenil Valle de UlzanaAula natureza13-152 ó 16/agosto22.000500.009

Pirineos Navarro, Ochagavia, Valle de Solazosa

Itinerante en tendas campaña

Travesía itinerante18-2317 ó 31/xullo22.000500.010

Pirineo Navarro, Valle de Belagara

Itinerante en tendas de campaña

Travesía itinerante15-1717 ó 31/xullo22.000500.011

A RioxaCampamento xuvenil El Molino ViejoAula natureza e aire libre12-142 ó 16/xullo22.000500.012

Campamento xuvenil Hospital S. JoséMontaña e escalada14-172 ó 16/xullo22.000500.013

Comunidade

Valenciana

Albergue xuvenil Argentina de Benicassím

Albergue xuvenil Morella

Encontro interautonómico15-171 ó 15/agosto22.000500.014

2660