Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de marzo de 1996 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán Galicia-96 que se desenvolverá nas instalacións xuvenís de Galicia.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa de fomento da actividade xuvenil, figuran entre os obxectivos do cal a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polas que a mocidade poida participar nese tipo de actividades é polo que este ano, o mesmo que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán Galicia-96.

A oferta da Campaña Verán Galicia-96 comprende actividades en albergues, campamentos, campos de traballo voluntarios, rutas turístico-culturais e deportivas e outras relacionadas co ocio e o tempo libre, cun carácter convivencial, todas elas dirixidas a mozos e mozas individualmente considerados.

O obxecto da Dirección Xeral de Xuventude con esta campaña é atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no campo do ocio e o tempo libre utilizando para este fin as instalacións e medios de que dispón o dito centro xestor. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través

da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

Este plan xeral de actividades desenvolverase en virtude do uso preferente das instalacións xuvenís pola Dirección Xeral de Xuventude e sen prexuízo da reserva correspondente de prazas para a oferta concertada (Orde do 26 de febreiro de 1996), e para alberguistas.

Nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nas oficinas TIVE-Galicia e nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se leve a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán Galicia-96 supón a inscrición individual, permitíndolle á xuventude dispoñer dos seguintes servicios:

2.1. Un programa de actividades de carácter socio-cultural, recreativo, formativo, de convivencia, etc., que posibilite a participación do mozo.

2.2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou acampadas.

2.3. Manutención en réxime de pensión completa.

2.4. O material necesario para a actividade.

2.5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

2.6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Artigo 3º.-Participantes.

De acordo coas prazas dispoñibles poderán solicita-la súa participación nas actividades programadas, os mozos e mozas de ata 30 anos, segundo se especifica para cada actividade no anexo I desta orde, podendo elixir entre as que se desenvolven na súa provincia ou fóra dela.

As idades mínimas que se especifican para cada actividade entenderanse cumpridas durante o ano 1996, agás nos casos en que a idade mínima sexan os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade. En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, deberase ter, se é o caso, o 1-7-96 para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 1-8-96 para as que se desenvolvan en agosto, non admitíndose aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Quenda.

As quendas de actividades terán unha duración de 15 días e desenvolveranse durante os meses de

xullo e agosto, establecéndose por cada quenda un mínimo de 30 participantes.

Artigo 5º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude. (Cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde). Xunto coa solicitude presentarase fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

2. As solicitudes dirixiranse ó director xeral de Xuventude, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais, ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 6º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 9 de maio de 1996.

Artigo 7º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

7.1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere a oferta de prazas.

7.2. Por sorteo, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 20 de maio de 1996 nas dependencias da Dirección Xeral de Xuventude en Santiago de Compostela.

O resultado do sorteo farase público, confeccionando as correspondentes listas de admitidos e de espera para cada quenda e actividade.

Artigo 8º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude organizadora da actividade, no prazo de dez días desde a recepción do escrito de adxudicación da praza, a seguinte documentación:

-Xustificante de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Declaración xurada de que sabe nadar, só para os participantes en actividades de náutica: vela, táboa, esquí acuático e piragüismo.

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de estar apto para participar na actividade.

En caso contrario decaerá a adxudicación realizada e corresponderalle ó seguinte solicitante da lista de espera.

Artigo 9º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, e están establecidas de acordo coa Orde do 2 de xaneiro de 1996 pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1996( DOG nº 9, do 12 de xaneiro).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

CAMPAMENTOS DE VERÁN-1996

Instalación xuvenilModalidadeIdadeDataImporte

praza

Código

Alb. Xuv. Mariña Española e Camp. Xuv. O ChantoMar e natureza11-121-15/7/9620.000151111

Alb. Xuv. Mariña Española e Camp. Xuv. O ChantoMar e natureza11-1217-31/7/9620.000151222

Alb. Xuv. Mariña EspañolaRecreativo9-111-15/8/9620.000152321

Alb. Xuv. Gandarío e Camp. Xuv. Os ChacotesMar e natureza12-141-15/7/9620.000152111

Mar e natureza12-1417-31/7/9620.000152112

Alb. Xuv. Gandarío (Bergondo-A Coruña)Actividade do mar (vela, táboa, esquí

Acuát.)

13-151-15/7/9626.000152422

Actividade do mar (vela, táboa, esquí

Acuát.)

15-1717-31/7/9626.000151113

Alb. Xuv. Gandarío, Res. Xuv. Eijo Garay e Res. Xuv. AltamarRutas Coñece Galicia18-2217-31/7/9622.000152524

Rutas Coñece Galicia15-171-15/8/9622.000152323

Alb. Xuv. Gandarío (Bergondo-A Coruña)Obradoiros13-151-15/8/9621.000152653

Instalación xuvenilModalidadeIdadeDataImporte

praza

Código

Alb. Xuv. Gandarío (Bergondo-A Coruña)Activ. do mar (vela, táboa)15-1717-31/8/9622.000152334

Campamento Xuv. Virxe de Loreto (Porto do Son-A Coruña)Aula natureza interautonómico15-171-15/7/9616.000153731

Aulas natureza interautonómico15-1717-31/7/9616.000153732

Campamento Xuv. Espiñeira (Boiro-A Coruña)Aula natureza e aire libre9-121-15/7/9616.000154811

Aulas natureza e aire libre13-1417-31/7/9616.000154822

Campamento Xuv. Furelos (Melide-A Coruña)Cabalgando pola natureza15-171-15/7/9619.000155811

Cabalgando pola natureza13-1517-31/7/9619.000155812

Albergue Xuvenil Area (Viveiro-Lugo)Aula mariña11-121-15/7/9621.000271111

Náutica: vela-táboa13-141-15/7/9622.000271112

Aula Mariña11-1217-31/7/9621.000271113

Náutica: vela-táboa15-1717-31/7/9622.000271114

Aula mariña11-121-15-/8/9621.000271115

Náutica: vela-táboa13-141-15/8/9622.000271116

Aula mariña11-1217-31/8/9621.000271117

Náutica: vela-táboa15-1717-31/8/9622.000271118

R.X. Eijo Garay, R.X.F.L. Cuevillas e A.X. AltamarRuta Coñece Galicia15-171-15/7/9622.000274533

Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo-Lugo)Aula natureza interautonómico15-171-15/7/9616.000272311

Encontro coa natureza9-1217-31/7/9616.000272322

Deporte na natureza9-121-15/8/9616.000272333

Campamento Xuvenil O Courel (Lugo)Cabalgando pola natureza15-171-15/7/9619.000273523

Cabalgando pola natureza15-171-15/7/9619.000273524

Residencia Colexio Pablo VI (Ourense)Piragüismo12-141-15/7/9619.000323471

Piragüismo15-1717-31/7/9619.000323472

Alb. Escola Vilamarín (Vilamarín-Ourense)Granxa agricola gandeira9-121-15/7/9620.000321111

9-1217-31/7/9620.000321112

Camp. Xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo-Ourense)Aula natureza e aire libre9-121-15/7/9616.000322111

Aula natureza e aire libre12-1417-31/7/9616.000322112

Resid. Xuvenil F. López Cuevillas (Ourense)Falemos inglés11-1317-31/7/9622.000323111

Falemos inglés13-151-15/8/9622.000323112

Camp. Xuv. Muíños (Muiños-Ourense)Piragüismo13-151-15/7/9619.000323113

Piragüismo12-1317-31/7/9619.000323114

Albergue Xuvenil As Sinas (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)Náutica: vela-táboa13-151-15/7/9622.000361111

Piragüismo13-151-15/7/9622.000361112

Aula mariña (aloxamento en tendas de campaña)8-101-15/7/9616.000361113

Náutica: vela-táboa e dorna15-1717-31/7/9622.000361114

Piragüismo15-1717-31/7/9622.000361115

Aula mariña (aloxamento en tendas de campaña)11-1217-31/7/9616.000361116

Náutica: vela-táboa13-151-15/8/9622.000361117

Piragüismo13-151-15/8/9622.000361118

Náutica: vela-táboa15-1717-31/8/9622.000361119

Piragüismo15-1717-31/8/9622.000361110

Campamento Xuvenil Pontemaril-ForcareiAventura na natureza9-111-15/7/9616.000362111

Aventura na natureza12-1417-31/7/9616.000362112

Campamento Xuvenil Illa de Ons-PontevedraAula natureza e aire libre13-151-15/7/9616.000363111

11-1317-31/7/9616.000363112

CAMPOS DE TRABALLO-1996

Instalación xuvenilModalidadeIdadeDataImporte

praza

Código

Campo de traballo Bergondo (A Coruña)Restauración e medio ambiente(N)15-171-15/7/969.000156111

Restauración e medio ambiente(N)18-2217-31/7/969.000156112

Restauración e medio ambiente(N)18-221-15/8/969.000156113

Restauración e medio ambiente(N)23-3017-31/8/969.000156114

Campo de traballo Vilarbó (As Pontes-A Coruña)Medio ambiente-senderismo(N)18-221-15/7/969.000157111

Medio ambiente-senderismo(I)23-3017-31/7/969.000157112

Medio ambiente-senderismo(I)18-221-15/8/969.000157113

Medio ambiente-senderismo(N)23-3017-31/8/969.000157114

Campo de traballo Monte Segade (Lugo)Medio ambiente(N)18-221-15/7/969.000273111

Medio ambiente(I)23-3017-31/7/969.000273112

Campo de traballo O Courel (Lugo)Senderismo e medio ambiente(I)15-171-15/8/969.000274111

Senderismo e medio ambiente(I)23-3017-31/8/969.000274112

Campo de traballo Os Ancares (Lugo)Senderismo e medio ambiente(N)18-221-15/7/969.000275111

Senderismo e medio ambiente(N)23-3017-31/7/969.000275112

Campo de trab. Cereixal-Becerreá (Becerreá-Lugo)Medio ambiente(N)15-171-15/7/969.000276111

Medio ambiente(N)18-2217-31/7/969.000276112

Medio ambiente(N)23-301-15/8/969.000276113

Medio ambiente(I)18-3017-31/8/969.000276114

Campo de traballo Ribas de Sil (Ourense)Medio ambiente(N)15-171-15/7/969.000324111

Medio ambiente(I)15-1717-31/7/969.000324112

Medio ambiente(N)18-221-15/8/969.000324113

Medio ambiente(N)23-3017-31/8/969.000324114

Campo de traballo A Penalba (Ourense)Restauración do patrimonio(N)18-221-15/7/969.000325111

Restauración do patrimonio(N)23-3017-31/7/969.000325112

Restauración do patrimonio(N)18-221-15/8/969.000325113

Restauración do patrimonio(N)23-3017-31/8/969.000325114

Campo de traballo Illa de Ons (Bueu-Pontevedra)Medio ambiente(N)18-221-15/7/969.000364111

Medio ambiente(N)18-2217-31/7/969.000364112

Medio ambiente(N)23-301-15/8/969.000364113

Medio ambiente(I)23-3017-31/8/969.000364114

Campo de traballo Illas Cíes (Vigo-Pontevedra)Medio ambiente(N)18-221-15/7/969.000365111

Medio ambiente(N)23-3017-31/7/969.000365112

Medio ambiente(I)18-221-15/8/969.000365113

Medio ambiente(N)23-3017-31/8/969.000365114

Campo de traballo Agolada (Agolada-Pontevedra)Restauración (N)18-221-15/7/969.000366111

dos pendellos(N)23-3017-31/7/969.000366112

do antiguo(N)18-221-15/8/969.000366113

recinto feiral(N)18-2217-31/8/969.000366114

(N) Nacional. (I) Internacional.

9602599