Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.328

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Pereira, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da Empresa Pereira, S.L. da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o día 19-1-1996. De conformidade co disposto no artigo 3 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 12 de febreiro de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa salarial (1º de xaneiro de 1996)

Xefe de persoal111.450 ptas./mes907 ptas./hora
Xefe de tráfico111.450 ptas./mes907 ptas./hora
Administrativo101.670 ptas./mes838 ptas./hora
Auxiliar administrativo89.430 ptas./mes751 ptas./hora
Inspector3.046 ptas./día827 ptas./hora
Conductor3.018 ptas./día789 ptas./hora
Conductor perceptor3.018 ptas./día789 ptas./hora
Cobrador2.605 ptas./día750 ptas./hora
Mecánico oficial 1ª3.046 ptas./día827ptas./hora
Mecánico oficial 2ª2.747 ptas./día750 ptas./hora
Mozo2.616 ptas./día750 ptas./hora
Engraxador lavacoches2.616 ptas./día750 ptas./hora

No caso de producirse novas categorías profesionais, asimilaranse a outras xa existentes, mentres non se reflicta a súa categoría en próxima táboa.

Convenio colectivo de traballo para a Emrpesa Pereira, S.L.

Punto único.-Soldos e salarios.

Os soldos e salarios que corresponden ó persoal afectado polo convenio colectivo de traballo para a Empresa Pereira, S.L. para o ano 1996 serán os que figuran na táboa anexa.

Independientemente da data da súa publicación no BOP, os seus efectos económicos serán desde o día 1 de xaneiro de 1996.

Vilagarcía de Arousa, 19 de xaneiro de 1996.

Rubricado

9602600