Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícola.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias e comercio vitivinícola, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-2-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Vinos y Licores, e da parte social pola central sindical CIG, o día 30-9-1995. De conformidade co disposto no artigo 9º bis do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación

ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de marzo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta única.

En Vigo, sendo as 19 horas da tarde, reúnese nos locais da Confederación Intersindical Galega, as persoas abaixo indicadas:

Representación social: Oswaldo García Davila e Luciano Villar González.

Representación económica: Antonio Lago Vidal e Carlos Villanueva.

Ámbalas dúas partes económicas recoñécense lexitimadas para negocia-lo convenio colectivo provincial para as industrias e comercio vitivinícolas de Pontevedra, quedando composta a mesa negociadora cos presentes en reunión.

Orde do día.

Artigo 9 bis. Revisión salarial ano 95 do convenio vitivinícola.

O 5,1% de incremento constatado no IPC incorpórase ás táboas de forma automática con efectos retroactivos desde o 1 de abril de 1995, en tódolos conceptos retributivos, aboándose nunha soa paga como data límite o 30 de maio de 1995.

Quedan ó remate aceptadas polas dúas partes as modificacións do convenio mencionadas.

En Vigo, 30 de setembro de 1995.

Táboa de salarios

1995

Salario mes

pesetas

Grupo A Técnicos titulados

a) Con título superior86.137
b) Con título inferior82.597
c) Practicante75.961

Técnicos non titulados

a) Encargado xeral de bodega ou fábrica79.198
b) Encargado de laboratorio75.961
c) Axudante de laboratorio72.866
d) Auxiliar72.866

Grupo B Administrativos

a) Xefe de primeira82.597
b) Xefe de segunda79.202

Salario mes

pesetas

c) Oficial de primeira75.961
d) Oficial de segunda72.866
e) Auxiliar71.616
f) De 16 a 17 anos49.746

Grupo C

a) Cobrador71.616
b) Almaceneiro71.616
c) Pesador ou basculeiro71.616
d) Garda xurado71.616
e) Vixilante ou sereno71.616
f) Porteiro71.616
g) Ordenanza71.616
h) Telefonista71.616
i) Mozo ou recadeiro71.616
j) Enfermeiros71.616
k) Mulleres de limpeza71.616

Grupo D Obreiros

a) Profesionais de oficio
Capataz de bodega ou fábrica79.198
Encargado de sección79.198
Oficial de primeira75.961
Oficial de segunda72.866
Encargado de cuadrilla72.866

b) Peóns especializados
Categoría xeral71.616
Embotelladora e etiquetadora71.616

c) Peóns71.616

d) Pinches de 16 a 17 anos48.231

e) Aprendices de 1º e 2º ano48.231

9602325