Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 4 de marzo de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Sito número 2.

Visto o expediente incoado por Celso Carballo Leiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Sito

número 2, outorgado pola orde ministerial do 11-3-1964 (BOE nº 91), situado na cuadrícula nº 91, do polígono C de Cangas, rematando a concesión o 15-4-2004, e do que era titular Celso Carballo García.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación, e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Celso Carballo Leiro e Dolores Leiro Paz.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 4 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

9602120