Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes administrativos sancionadores P-194/1995 e P-241/1995 incoados por infracción á lexislación vixente de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra dita resolución, e de conformidade có disposto nos artigos 107.1º e 114 o 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa

firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla.

Lugo, 22 de febreiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-194/1995.

Denunciado: Carlos López Franjo.

Enderezo: A Lagoa-Moreda; Monforte de Lemos-Lugo

Feito denunciado: entorpece-las servidumes de paso polas ribeiras e marxes do río establecidas en beneficio ou para uso dos pescadores, construíndo un muro de ladrillo. Feitos constatados o 28-4-1995 no río Carboeiro-Moreda-Monforte.

Precepto sancionador: 34.27º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa, un ano de inhabilitación para obte-la Licencia de pesca, e ademais deberá deixa-lo paso expedito para uso dos pescadores.

-Expediente nº: P-241/1995.

Denunciado: Amancio dos Santos.

Enderezo: Campo da Feira, 11; Sarria-27600, Lugo.

Feito denunciado: pescar con cana, o día 18-6-1995 en Ponte Areas, carecendo da correspondente licencia.

Precepto sancionador: 34.1º.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa, un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

º9601769