Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia, consistente na realización dun estudio de recuperación de solo contaminado do vertedeiro de Mougá en Ferrol.

A Consellería de Industria e Comercio convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: realización dun estudio de recuperación de solo contaminado do vertedeiro de Mougá en Ferrol.

Orzamento: nove millóns setecentas cincuenta mil pesetas (9.750.000 ptas.) con cargo ó orzamento de gastos da Comunidade Autónoma para 1996.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescrición técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, sita en San Caetano, edificio administrativo nº 5-4º piso, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado á Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar na Consellería de Industria e Comercio, ás once horas do décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións, coincidise en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: será do 2% do orzamento do contrato (195.000 pesetas).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional: realizarase por calquera dos medios previstos nos artigos 16 a 19 da L.C.A.P.

Prazo de execución: será de catro meses (4) desde o día seguinte á súa sinatura.

Prazo de garantía: de conformidade co disposto no artigo 111.3º segundo parágrafo da Lei 13/1995, exceptúase, dada a natureza deste contrato, a esixencia de garantía.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

P.D. (18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

1774