Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de incendios forestais IF 84/95, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor deste procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación, que poderá ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 23 de febreiro de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: IF 84/95.

Denunciado: Empresa Exmoditi, S.L.

DNI: 34.129.916-B.

Último enderezo coñecido: Avda. República Argentina, 14, Palencia.

Feitos imputados: non adopta-las debidas precaucións nos traballos realizados por unha retroescavadora propiedade da empresa no lugar de Fonte Vilar (Illán-Begonte-Lugo), o día 23-8-1995; como consecuencia unha chispa procedente da máquina provocou un incendio en monte raso, no que tiveren que intervir efectivos do S.D.C.I.F. para apaga-lo lume.

Precepto sancioandor: artigo 138 c) do Regulamentos de incendios.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 40.000 pesetas.

96-2503