A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:
Obxecto: contratación de cinco (5) helicópteros con destino á extinción de incendios forestais nos anos 1996 e 1997 (0615), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.
Orzamento de licitación: trescentos noventa millóns de pesetas (390.000.000 de ptas.).
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.
Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.
Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.
Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.
Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 30 de abril de 1996.
A apertura de proposicións terá lugar o día 7 de maio de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).
Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.
P.D.(Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)
Antonio L. Rosón Pérez
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes
96-2504