Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado Padre Feijoo-Zorelle de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Padre Feijoo-Zorelle de Ourense no que solicita a ampliación dunha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga ós centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil.

Esta dirección xeral, resolveu:

Autoriza-la ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil, ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Provincia de Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: Doutor Fleming, 21.

Denominación: Padre Feijoo-Zorelle, S.L.

Titular: Colegio Padre Feijoo-Zorelle, S.L.

Nivel: educación infantil 2º ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 3.

9602281