Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 marzo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se modifica a do 13 de decembro de 1995 (DOG do 26 de decembro), pola que se resolve o concurso para a concesión da prórroga das bolsas para realizar estudios de doutoramento, convocado no anexo I.B da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril).

Por Resolución do 12 de decembro de 1995 esta dirección xeral acordou suspender, provisionalmente, en aplicación do artigo 72 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tramitación da solicitude de prórroga da bolsa de terceiro ciclo que Mónica Vila Pastor presentou ó abeiro do establecido no apartado B do anexo I da Orde do 20 de marzo de 1995 pola que se aproban as bases polas que se rexerán as convocatorias de bolsas e

axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador (DOG do 4 de abril).

Unha vez resolta a causa que motivou a suspensión provisional proseguíuse coa tramitación da dita solicitude, a cal recibiu informe favorable da Comisión de Selección de Política Científica polo que, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 13 de decembro de 1995 pola que se resolve o concurso para a concesión da prórroga das bolsas para realizar estudios de doutoramento, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de decembro, coa incorporación ó anexo da mesma a Mónica Vila Pastor, NIF 33.323.423-B.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

9602280