Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.023

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de febreiro de 1995 pola que se autorizan novas ensinanzas ó instituto de educación secundaria de Frións (Ribeira).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por Orde do 24 de febreiro de 1995 auto

rizou a implantación do novo bacharelato na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ó instituto de formación profesional de Ribeira.

Polo Decreto 162/1995, do 3 de xuño, creouse o instituto de educación secundaria de Frións (Ribeira) como desdobramento do IFP de Ribeira.

Por outra banda, e de acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade ós estudios dos alumnos e alumnas que superaron as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e demandan o acceso a ciclos formativos de grao medio da familia de admnistración, cómpre autorizar estas novas ensinanzas.

En consecuencia e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Trasladar do instituto de formación profesional de Ribeira ó instituto de educación secundaria de Frión (Ribeira) as ensinanzas correspondentes á especialidade de administrativo da rama administrativa e comercial, e á modalidade de humanidades e ciencias sociais do novo bacharelato segundo o currículum establecido no Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-Autoriza-la impartición das ensinanzas correspondestes ó ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa da familia de administración establecido no Real decreto 1662/1994, do 30 de setembro.

Terceiro.-Autoriza-la Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9602282