Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 marzo de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se modifica a do 29 de setembro de 1995 (DOG do 25 de outubro), pola que se resolve o concurso para a concesión de bolsas para a realización da tese de doutoramento (primeira e segunda prórroga), convocado nos anexos II.B e II.C da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril).

De conformidade co disposto na resolución dictada polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria con data 5 de marzo de 1996, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 29 de setembro de 1995 pola que se resolve o concurso para

a concesión de bolsas para a realización da tese de doutoramento (primeira e segunda prórroga) convocado nos anexos II.B e II.C da Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 25 de outubro), incorporando ó seu anexo I a Consuelo Cajide Labandeira, NIF 33.281.996F.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

96-2223