Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 2.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31-1-1996, subscrito en representación da parte económica por ATRANSA, TRANSCAFF e ACOTRADES, e, da parte social, pola Confederación Intersindical Galega e Unión Xeral de Traballadores o día 26-1-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisón negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Asistentes:

Fernando Varela López, ATRANSA.

Alejandro Rodríguez Barro, TRANSCAF.

Ramón González Bangueses, ACOTRADES.

José Boedo Fernández, ACOTRADES.

Fernando Vaamonde Romero, ACOTRADES.

Fernando Solla Fernández, CIG.

Jorge Veiras Serrado, UGT.

Santiago Fernández Rodríguez, CIG.

Na cidade da Coruña, ás 17.30 horas do día vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnense no local da Confederación de Empresarios da Coruña os membros da comisión paritaria do convenio provincial de mercadorías por estrada da provincia da Coruña.

Aberta a sesión dáse lectura ás táboas salariais do convenio provincial de transporte de mercadorías por estrada da Coruña para o ano 1996.

Comprobadas estas, danse por aprobadas polos asistentes e decídese remitilas para a súa publicación no BOP.

Ás 18.20 horas do devandito día, levántase a sesión, do que dan fe os asistentes.

Rubricado

TÁBOAS SALARIAIS CONVENIO PROVINCIAL DE MERCADORÍAS 1996

Categorías Mes Paga

extra

Anual

Grupo 1º

Persoal superior técnico

Subgrupo A

Xefe de servicio148.667117.3692.136.111
Inspector provincial138.155109.0711.985.073

Subgrupo B
Enxeñeiros e licenciados140.115110.6182.013.234
Enx. técnicos e Aux. titulados121.76296.1281.749.528

Grupo 2º

Subgrupo A

Persoal administrativo

Xefe de sección124.88398.5901.794.366
Xefe de negociado120.94695.4831.737.801
Oficial 1ª115.00790.7951.652.469
Oficial 2ª111.82388.2801.606.716
Auxiliar administrativo107.27384.6881.541.340
Aspirantes de 16 a 17 anos83.72166.0981.202.946

Persoal de axencias de transporte
Encargado xeral119.53294.3691.717.491
Encargado de almacén112.56488.8691.617.375
Capataz109.83486.7121.578.144
Mozo especializado108.88185.9591.564.449
Mozo carga, descarga e reparto106.85484.3591.535.325

Subgrupo B

Transporte de mercadorías

Xefe de tráfico de 1ª119.53294.3691.717.491
Xefe de tráfico de 2ª115.62891.2841.661.388
Xefe de tráfico de 3ª113.06689.2641.624.584
Conductor-mecánico115.25790.9921.656.060
Conductor113.21189.3771.626.663
Conductor motocicleta e furgón110.89887.5511.593.429
Axudante109.37286.3441.571.496
Mozo especializado109.07486.1081.567.212
Mozo carga, descarga e reparto106.85484.3591.535.325

Subgrupo C

Persoal de servicios auxiliares

Sección 1ª garaxes

Encargado xeral 1ª115.00790.7951.652.469
Encargado xeral 2ª109.07486.1081.567.212
Encargado de almacén107.65784.9901.546.854
Engraxador-lavacoches110.32787.1031.585.233
Garda de noite106.85484.3591.535.325
Garda de día106.85484.3591.535.325

Sección 2ª estación de lavado e

engraxado

Encargado de 1ª114.18590.1451.640.655
Encargado de 2ª109.07486.1081.567.212
Engraxador110.32787.1031.585.233
Mozo de servicio106.85484.3591.535.325

1391