Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (211/1994).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela tramítanse autos de xuízo de menor contía número 211/1994, nos que se dictou sentencia, cun encabezamento e pé do teor literal seguinte:

«Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 211/1994, promovidos a raíz da demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Alfonso Seoane Barros e asistido do letrado Pais Ferrín, contra Manuel Ramón Seoane Barros e Manuela Ramona Quintáns Santamaría, declarados en rebeldía procesual, e contra María del Carmen , Marcelino e Emilio Seoane Barros, representados pola procuradora Fernández-Rial e asistidos do letrado Sabin Sabin.

Decido: que debo aadmitir e admito parcialmente a demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Alfonso Seoane Barros, contra Manuel Ramón, María del Carmen, Marcelino e Emilio Seoane Barros, representados pola procuradora Fernández-Rial López, e contra Manuela Ramona Quintáns Santamaría e Manuel Ramón Seoane Barros, declarados en rebeldía procesual, declarando o sinalado no último fundamento de dereito desta resolución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de notificación en forma ós demandados en situación procesual de rebeldía, Manuel Ramón Seoane Barros, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela, o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

1479