Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.962

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (338/1992).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que nos autos de menor contía número 338/1992, dictouse sentencia con data un de abril de mil novecentos noventa e tres que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía seguidos neste xulgado co nº 338 de 1992 entre partes: dunha como demandante A Caixa de Aforros de Galicia, con domicilio social na Coruña, representada polo procurado Esmorís Caramés e dirixido polo letrado Pardo Pedernera; doutra como demandados Antonio Gil Rico, Manuel Gil Barreiro e María del Carmen Souto Vázquez, maiores de idade, veciños do municipio do Pino e con domicilo en Lardeiros, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade por préstamo mercantil.

Decido que estimando a demanda formulada polo procurador Esmorís Caramés, en nome e representación da Caixa de Aforros de Galicia contra Antonio Gil Rico, Manuel Gil Barreiro e María del Carmen Souto Vázquez, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno ós demandados a que satisfagan á sociedade actora a suma de 1.311.908 ptas, máis os xuros legais desde

a interpolación xudicial e ó pagamento das custas causados no proceso.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e faráselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que sirva de notificación ós herdeiros descoñecios e incertos de Anonio Gil Rico, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela, o seis de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1371