Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.961

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 22 de marzo de 1996, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995.

O apartado 6 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizara no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal deberá publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptada unha decisión ó respecto polo tribunal encargado de cualifica-lo dito concurso-oposición para o acceso á categoría do grupo técnico da función administrativa, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia.

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa, tanto na modalidade xurídica como na modalidade económica, de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o vindeiro día 13 de abril de 1996, a partir das 9 horas, na Facultade de Medina e Cirurxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa San Francisco s/n.

O chamamento dos aspirantes, para ámbalas dúas modalidades, será único e excluirase do concurso-oposición que no comparezca, de conformidade co previsto no apartado 10 da dita base sexta A) da convocatoria.

Segundo.-Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e bolígrafo.

Terceiro.-De conformidade co previsto no apartado 8, parágrafo primeiro, da dita base sexta A) da convocatoria, a lectura pública do exercicio realizarase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, comezando polos aspirantes da modalidade económica e, ó rematar todos eles a súa lectura, procederán a efectuala os aspirantes da modalidade xurídica. Á súa vez, dentro de cada modalidade, a lectura comezará por aqueles aspirantes con primeiro apelido que comece pola letra R, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do dito apartado 8 da base sexta A) da convocatoria.

Cuarto.-Para tal efecto, convócase para proceder á dita lectura pública do exercicio o día 16 de abril

de 1996, a partir das 17 horas, ós aspirantes da modalidade económica comprendidos entre os apelidos Ramallal López, Olga a Sánchez Sellero, Francisco Javier.

Quinto.-O chamamento para a lectura pública do exercicio será único e será excluído do concurso-oposición quen non compareza. Os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade na forma establecida no apartado segundo do presente acordo.

Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente na EGAP e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. Igualmente, a cualificación dos aspirantes que superasen o exercicio lido ante o tribunal farase pública ó termo de cada sesión.

Sexto.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1996.

Alberto Núñez Feijoo

Presidente do tribunal

1366