Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.961

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 25 de marzo de 1996 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciado por Orde do 5 de outubro de 1995.

Convocada por Orde do 5 de outubro de 1995 (DOG nº 199, do 17 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 5 de outubro de 1995 (DOG nº 199, do 17 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencionso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

ANEXO

Nº R.P.:1221214957A2051

Apelidos e nome: Pérez González, Manuel

Posto de traballo: servicio de estudio e Admón Local

Código do posto: XUC030000315770010

Grupo: A/B

Nivel: 28

Corpo ou escala: xeral

Dependencia: Dirección Xeral de Xustiza e Interior

Localidade: Santiago de Compostela

2363