Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento e notificación (104/1993).

Por telo así acordado nos autos de xuízo executivo núm. 104/1993, seguidos a pedimento de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, contra Carmen Ourens Garrido e José María Furno, sobre reclamación de 2.001.031 por principal, xuros e custas orzamentadas, nas actuacións dos cales foron embargados, para garanti-las responsabilidades reclamadas, os predios que se dirán, como da propiedade de vostedes. Requírense pola presente cédula para que, dentro do termo de seis días, presenten neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, para a súa unión ós autos, os títulos de propiedade dos ditos inmobles, baixo apercibimento de suplilos á súa custa por certificación do rexistro.

Ténse por designado pola parte demandante, como perito para a avaliación dos bens inmobles embargados, a Ignacio Martínez Rodríguez, e da súa designación, de conformidade co disposto no artigo 1484 da LAC, dáselle coñecemento a vostede e prevénselle de que, dentro do segundo día, nomee outro pola súa parte, baixo apercibimento de telo por conforme co nomeado polo executante.

E para que lles sirva de cédula de requirimento e notificación en forma ós demandados Carmen Ourens Garrido e José María Furno e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario do xulgado

Rubricado

1364