Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 29 de marzo de 1996 Páx. 2.963

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (213/1995).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítanse co número 213/1995, autos de xuízo executivo por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez, contra outros e Carlos Núñez Pérez, que tivo o seu domicilio en

Vilar-Boqueixón, e actualmente en paradoiro descoñecido. Por medio da presente cédula cítase de remate o dito demandado, co fin de que dentro do termo de nove días compareza nos expresados autos comparecendo en forma por medio de avogado e procurador, facéndolle saber que pola parte demandante fíxose reserva de designar bens propiedade deste para realizar traba de embargo, por descoñecer, de momento, os que poidan pertencer ó demandado. Apercíbese que de non comparecer no termo expresado, seguirán os autos na súa rebeldía, sen volver a citalo nin facerlle outras notificacións cás que determinen a lei.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

1761