Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.910

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 1996 pola que se declara de interese galego á Fundación Belarmino Fernández Iglesias, de Sober (Lugo), e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Á vista do expediente tramitado por instancia da Fundación Belarmino Fernández Iglesias para a súa declaración de interese galego e a conseguinte inscricion no Rexistro de Fundacións da Xunta de Galicia.

Resultando que a Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola súa Orde do 20 de febreiro de 1996 (DOG nº 44, do 1 de marzo), clasificou como docente a citada fundación e adscribiuna á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como, o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e as demais disposicións de xeral e pertinente aplicación (e máis concretamente as normas básicas contidas na Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral).

Considerando que a correspondente escritura pública fundacional e de aprobación dos seus estatutos (de data 2 de febreiro de 1996) e a posterior escritura pública de reparación e modificación dela (de data 9 de febreiro de 1996), formalizadas perante o notario don Ildefonso Sánchez Mera, de Santiago de Compostela, son conformes ó establecido nos artigos 5, 6 e 7 da mentada Lei 7/1983 (DOG nº 89, do 20 de xuño) e coas demais disposicións aplicables.

Considerando que os fins e os elementos organizativos da Fundación Belarmino Fernández Iglesias cumpren cos requisitos e condicións sinalados nos artigos 1 e 13 da referida Lei 11/1991 (DOG nº 219, do 12 de novembro) para a súa declaración

de interese galego, así como coas condicións básicas determinadas na devandita Lei 30/1994 (BOE nº 282, do 25 de novembro).

Considerando que o correspondente expediente está promovido por persoa lexitimada, e que na súa tramitación se cumpriron os requisitos legais e regulamentarios esixidos nos preceptos anteditos.

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 32.3º do citado regulamento, logo do informe da Asesoría Xurídica deste departamento,

RESOLVE:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Belarmino Fernández Iglesias, coa conseguinte aprobación dos seus estatutos.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no rexistro auxiliar de fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; tendo tal publicación e inscrición o carácter constitutivo que determina o artigo 33.3º do Decreto 248/1992, e os artigos 8 da Lei 7/1983 e 3 da Lei 30/1994.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

1780