Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 28 de marzo de 1996 Páx. 2.911

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de novembro de 1995 pola que se fai pública a caducidade da estación depuradora de moluscos, sita en Cabo de Cruz, Boiro, distrito marítimo do Caramiñal (A Coruña).

Visto o expediente de caducidade incoado á Asociación de Mejilloneros Cabo de Cruz na súa condición de titular da concesión administrativa seguinte:

-Tipo de establecemento: estación depuradora de moluscos.

-Especies : moluscos.

-Situación : Cabo de Cruz, Boiro, distrito marítimo de Caramiñal (A Coruña).

-Superficie : dominio público 4.788,40 m.

-Orde de outorgamento : 2-5-1985 (DOG nº 92).

-Prazo de outorgamento : dez anos (10).

Resultando que con data 14-7-1993 acordou a Delegación Territorial da Coruña a incoación do expediente de caducidade á citada concesión pola causa recollida no artigo 72.d da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación de expediente de caducidade foille notificado ó titular da concesión en data 19-7-1993.

Resultando que no tempo e forma o titular non presentou escrito de alegacións.

Resultando que con data 2-8-1995 se dicta proposta de resolución por parte do instructor na que se propón a caducidade da concesión supracitada.

Resultando que o titular da concesión non presentou escrito de alegacións.

Considerando que o expediente se tramitou conforme a dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico-Xurídico de data 21-11-1995.

Considerando en canto ó fondo do asunto, que non se puxo en funcionamento a depuradora dentro do prazo establecido, segundo acta de inspección realizada o 17-11-1992.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería acorda, en exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la supracitada concesión, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e notificación ó interesado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, de conformidade coa Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola Lei 10/92, do 30 de abril de 1992.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

96-1557