Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1996 pola que se dispón a publicación da oferta de emprego público do ano 1995 do persoal de administración e servicios da Universidade de Santiago de Compostela.

Os artigos 18 da Lei 30/1984, de reforma da función pública, modificado pola Lei 22/1993, do 29 de decembro, de medidas fiscais, reforma do réxime xurídico da función pública e da protección por desemprego, e 29 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, establecen que os postos de traballo dotados orzamentariamente que non poidan ser cubertos cos efectivos de persoal existentes constiúen a oferta de emprego público de cada Administración.

O artigo 146 e seguinte dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e o capítulo V do convenio colectivo para as universidades públicas de Galicia establecen respectivamente os procedementos de selección e oferta das vacantes de persoal funcionario e laboral.

A oferta de emprego público para o ano 1995 figura nos anexos I e II da presente resolución, tendo en conta as prazas vacantes de persoal funcionario e laboral respectivamente. A ámbolos dous colectivos seranlles de aplicación as reservas e prioridades recollidas nas súas normativas de aplicación.

Tendo en conta a proposta da xerencia da universidade, unha vez consultados os órganos de representación do persoal funcionario e laboral, a oferta de emprego público foi aprobada pola Xunta de Goberno e o Consello Social desta universidade, nas súas sesións do 21 de decembro de 1995 e 14 de febreiro de 1996 repectivamente, este rectorado,

RESOLVEU:

Primeiro.-En cumprimento do disposto no artigo 146 e seguintes dos estatutos da universidade, no artigo 15 da Lei 22/1993, do 29 de decembro, que modifica o 18 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, e no artigo 7 da Lei 3/1995, do 10 de abril, que modifica o artigo 29 da Lei 4/1988, do 26 de maio, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia da oferta de emprego público para 1995 do persoal de administración e servicios.

Segundo.-En cada convocatoria de probas selectivas dos cadros de funcionarios reservarase un número suficiente de prazas para a súa provisión mediante o sistema de promoción interna en función do número de candidatos/as potenciais.

A provisión de vacantes e selección do persoal laboral de administración e servicios rexerase polo disposto no convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e demáis normas reguladoras do ingreso do persoal ó servicio das administracións públicas.

Terceiro.-Nas probas selectivas para ingreso nas escalas de funcionarios e categoría de persoal laboral, incluídas as correspondentes a promoción interna, serán admitidas as persoas con minusvalideces e igualdade de condicións cos demáis aspirantes. Non obstante os aspirantes con minusvalideces deberán acreditar, mediante documentos expedidos polos órganos correspondentes da Consellería de Traballo e Servicios Sociais, do Ministerio de Asuntos Sociais ou dos órganos competentes das comunidades autónomas, a compatibilidade da súa condición de minusválido co desempeño das tarefas e funcións das prazas de que se trate.

Do total de prazas ofertadas reservarase un 3% para ser cuberto polos que teñan a condición legal de minusválidos.

Cuarto.-Non será necesaria a previa inscrición nas oficinas de emprego por participar nas probas selectivas derivadas da presente oferta de emprego público.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1996.

P.D. (R. 26-2-1996)

Carlos Gómez-Reino Carnota

Vicerrector de Coordinación Santiago de Compostela

ANEXO I

OFERTA DE EMPREGO DE PERSOAL FUNCIONARIO ANO 1995

VACANTES

GRUPO B
Escala de axudantes de arquivos e bibliotecas e museos (sección arquivos)1

Escala de axudantes de arquivos e bibliotecas e museos (sección bibliotecas)3

Escala de xestión1

GRUPO C
Escala administrativa7

GRUPO D
Escala auxiliar19

ANEXO II

OFERTA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL ANO 1995

VACANTES

GRUPO I
Xornalista1
Técnico de telecomunicacións1
Técnico de normalización lingüística2

(reconversión)

Técnico de publicacións1

(reconversión)

GRUPO III
Técnico especialista fonoteca1
Técnico especialista informática4
Técnico de imaxe e son1
Técnico especialista análise elemental1
Técnico especialista en microelectrónica1

VACANTES

Técnico especialista en deportes5

GRUPO IV
Encargado do animalario1
Conductor1
Auxiliares técnicos de biblioteca3
Oficiais de laboratorio3
Conserxes3

GRUPO V
Telefonistas7
Mozo de servicio1
Auxiliares de servicio7
Vixiante1

1936