Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1996 pola que se convocan dous cursos sobre venda ambulante dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1996 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de dous cursos sobre venda ambulante, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos:

Os cursos teñen por obxectivos:

a) Coñece-la regulación xurídica estatal e autonómica sobre venda ambulante: o Real decreto 1010/1985, do 5 de xuño.

b) Coñecer das competencias das comunidades autónomas e das corporacións locais na regulación e control da venda ambulante.

c) Coñece-las intervencións da policía local en relación coa venda ambulante.

Destinatarios:

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

O número de prazas que se ofertarán por curso será de 50.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas nas seguintes datas:

-Vigo: 1 de abril.

-Verín: 24 de abril.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal e seladas, será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito implicará a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares

previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración:

Os cursos celebraránse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse entre outros os seguintes temas:

-Lexislación sobre venda ambulante: regulación xurídica sectorial estatal, regulación de competencias das diferentes administracións públicas.

-Regulación do fenómeno nas ordenanzas muicipais.

-Intervención policial sobre venda ambulante: prácticas de confección de denuncias.

Datas:

Os cursos celebraránse nas seguintes datas:

-Vigo: do 8 ó 12 de abril.

-Verín: do 27 ó 31 de maio.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos publicaráse nas seguintes datas:

-Vigo: 3 de abril.

-Verín: 8 de maio.

Esta relación publicarase no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar:

Os cursos desenvolveranse nos concellos de Vigo e Verín, quedando por concreta-lo seu lugar de celebración, que se comunicará previamente xunto coa lista de admitidos.

Certificado de asistencia:

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha non asistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, suporá a non expedición do certificado.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1996.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

1814