Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.813

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do persoal funcionario da Deputación Provincial da Coruña.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo dos funcionarios públicos da Deputación Provincial da Coruña, aprobado polo Pleno da Corporación provincial en sesión celebrada o 31 de xaneiro de 1996 e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas. Esta delegación provincial,

RESOLVE:

Primeiro.-Admiti-lo depósito do citado acordo na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación nesta delegación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta de constitución da Mesa Xeral de Negociación do acordo negociado de funcionarios

Na deputación provincial, ás doce horas do día nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, constitúese a mesa xeral de negociación do acordo negociado de funcioanrios, composta polos seguintes membros:

Por parte da corporación de conformidade co acordo plenario do 29 de novembro de 1995:

Titulares:

Manuel Varela Rey.

Antonio Gómez Vázquez.

José Luis Fernández Mouriño.

Suplentes:

Jesús Rama Becerra.

Manuel Pose Miñones.

Roberto González Santos.

Por parte da Xunta de Persoal:

Titulares:

Mª José Fernández Gómez (UGT).

Alberto Cadaveira Mahía (CIG).

Eduardo González Vila (CSIF).

Suplentes:

Enrique Fernández Maceiras (UGT).

Juan Rey Vázquez (CIG).

Eduardo González Vila (CSIF).

Noméase presidente da mesa a Manuel Varela Rey, deputado delegado de Persoal e secretaria a Ana Marcos García, xefa do Servicio de Persoal. Suplente Mª José López Pérez, xefa da sección de Persoal.

Acta da sesión celebrada pola mesa xeral de negociación do acordo negociado de condicións de traballo do persoal funcionario da deputación provincial da Coruña

Na deputación provincial e ás doce horas e trinta minutos do día nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnese a mesa xeral de negociación do acordo negociado de condicións de traballo de persoal funcionario.

Preside a mesa o deputado delegado de Persoal, Manuel Varela Rey.

Concorren como vocais:

José Luís Fernández, en representación da Corporación.

María José Fernández Gómez (UGT).

Alberto Cadaveira Mahía (CIG).

Eduardo González Vila (CSIF).

Actúa como secretaria Ana María Marcos García.

Acórdase modifica-lo acordo negociado actualmente vixente nos seguintes termos: dar nova redac

ción ó artigo 18º que quedará redactado do seguinte modo:

«Artigo 18º. Gratificacións por servicios especiais e extraordinarios.

1) Os traballos extraordinarios que deban realizarse fóra da xornada normal establecida e que en ningún caso terán o carácter de periódicos e fixos, haberán de ser previamente propostos polo xefe da unidade e aprobados pola presidencia da corporación, agás supostos de recoñecida urxente.

Como norma xeral, as horas traballadas fóra da xornada normal compensaranse mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Terán tal consideración de traballos extraordinarios fóra da xornada aquelas horas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

2) O número de horas traballadas fóra da xornada normal non poderá ser superior a oitenta ó ano. Para os funcionarios que, por calquera causa, realizasen unha xornada en cómputo anual inferior á xornada normal, o número máximo anual de tales horas reducirase na mesma proporción que exista entre tales xornadas.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, non se computarán as horas traballadas fóra da xornada normal que foran compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

3) A prestación do servicio en horas fóra da xornada normal de traballo será voluntaria, agás casos de recoñecida urxencia que deberá ser motivada.

4) Entenderanse horas nocturnas as comprendidas entre as dez da noite e as seis de mañá, e terán a consideración de festivos, ademais dos domingos e os fixados como tales no calendario oficial de festas, os sábados desde as catorce horas.

5) As horas traballadas fóra da xornada normal compensaranse cun incremento do 75% sobre a hora normal de traballo, ben no tempo de descanso compensatorio, ou ben nas retribucións, segundo o caso. No suposto de horas extraordinarias nocturas, o incremento será do 100%.

6) Para efectos de cuantificación económica do valor da hora traballada fóra da xornada normal, o valor hora normal ano calcularase dividindo a retribución total anual do posto de traballo que desempeñe cada funcionario entre o número total de horas laborables dese ano».

Incluír ó final do artigo 19º referente a licencias, o seguinte texto:

«Nos supostos de incapacidade laboral e de maternidade, o funcionario percibirá desde o primeiro día e ata o final de tal situación o 100% de tódalas retribucións totais que lle corresponderían en caso de prestación efectiva do servicio».

As tres horas corenta minutos do día ó principio sinalado, levántase a sesión, e esténdese a presente acta que asinan os membros da mesa xeral negociadora do acordo negociado de condicións de traballo en proba de conformidade, todo o cal eu, como secretaria, certifico.

2212