Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral da Deputación Provincial da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do persoal laboral da Deputación Provincial da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-2-1996, subscrito en representación da parte económica polo delegado de persoal, e, da parte social, polo comité de empresa o día 9-1-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación á repre

sentación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de febreiro de 1996.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta da sesión celebrada pola Mesa Xeral de Negociación do convenio colectivo do persoal laboral da Deputación Provincial da Coruña

Na deputación provincial, ás nove horas e trinta minutos do día nove de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnese a Mesa Xeral de Negociación do convenio colectivo do persoal laboral.

Preside a mesa o deputado delegado de persoal, Manuel Varela Rey.

Concorren como vocais:

José Luis Fernández Mouriño, en representación da corporación.

Ofelia Martínez Martínez.

Constantino Zaera Castro.

Antonio Gómez Charlín.

Jorge Muñoz Martínez.

Juan Pájaro Hermo.

Actúa de secretaria: Ana María Marcos García.

Acórdase modifica-lo convenio colectivo actualmente vixente, publicado no DOG nº 116, do 19-6-1995, nos seguintes termos: darlle nova redacción ó artigo 28º, que quedará redactado do seguinte modo:

«Artigo 28º. Horas extraordinarias.

1) As horas extraordinarias que deban realizarse fóra da xornada normal establecida e que en ningún caso terán carácter de periódicas e fixas, terán que ser previamente propostas polo xefe da unidade e aprobadas pola presidencia da corporación, agás supostos de recoñecida urxencia.

Como norma xeral, as horas extraordinarias compensaranse mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Terán tal consideración de horas extraordinarias aquelas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

2) O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a oitenta ó ano. Para os traballadores que, por calquera causa, realicen unha xornada en cómputo anual, inferior á xornada normal, o número máximo anual de tales horas reducirase na mesma proporción que exista entre tales xornadas.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior, non se computarán as horas extraordinarias que fosen

compensadas mediante descanso dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

3) A realización de horas extraordinarias será voluntaria, agás nos casos de recoñecida urxencia, que deberá ser motivada.

4) Entenderanse horas nocturnas as abranguidas entre as dez da noite e as seis da mañá, e terán a consideración de festivos, ademais dos domingos e os fixados como tales no calendario oficial de festas, os sábados desde as catorce horas.

5) As horas extraordinarias compensaranse cun incremento do 75% sobre a hora normal de traballo, ben no tempo de descanso compensatorio ou ben nas retribucións, segundo o caso. No suposto de horas extraordinaias nocturnas, o incremento será do 100%.

6) Para efectos de cuantificación económica do valor da hora extraordinaria, o valor hora normal ano calcularase dividindo a retribución total anual do posto de traballo que desempeñe cada traballador entre o número total de horas laborables dese ano».

Elimina-lo último parágrafo do artigo 32º.-Excedencias especiais, e incluír, ó final do artigo 30º.-Licencias, o seguinte texto:

«Nos supostos de incapacidade temporal e de maternidade, o traballador percibirá desde o primeiro día e ata o final de tal situación, o 100% de tódalas retribucións totais que lle corresponderían no caso de prestación efectiva do servicio».

E sendo as once horas e corenta e cinco minutos do día ó principio sinalado, levántase a sesión e esténdese a presente acta, que asinan os membros da Mesa Xeral Negociadora do convenio colectivo en proba de conformidade, todo o cal eu, como secretaria, certifico.

9601641