Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.812

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 1 de marzo de 1996 pola que se cualifica con carácter previo a Chataca, Sociedade Cooperativa Limitada, como agrupación de productores agrarios (APA), para a comercialización de leite de vaca.

Incoado expediente por Chataca, sociedade cooperativa limitada con domicilio social en Sobreira-Fornas, Chantada (Lugo), para a constitución no seu seo dunha agrupación de productores agrarios (APA) para a comercialización de leite de vaca acollida ó Real decreto 280/1988, do 18 de marzo, e cumprindo os requisitos esixidos polo R (CEE) 1360/1978, esta consellería,

ACORDA:

Cualificar con carácter previo como agrupación de productores agrarios para a comercialización de leite de vaca a Chataca, sociedade cooperativa limitada con ámbito territorial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

9601642