Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:
-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
-Denominación: R.B.T. en Foxo do Cabrito.
-Situación: Toques (A Coruña).
-Descripcións técnicas: rede de baixa tensión aérea, a 380/220 voltios, que parte da R.B.T. existente de C.T. Porto Salgueiro (Expte. 51.355) e remata nas acometidas dos abonados de Foxo do Cabrito, de 1.900 m de lonxitude, en conductor R.Z. Concello de Toques.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 15 de febreiro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
9601749