Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 26 de marzo de 1996 Páx. 2.805

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

DECRETO 123/1996, do 14 de marzo, polo que se modifica o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos.

O Diario Oficial de Galicia do 19 de setembro de 1994 publica o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con fina

lidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos, que supón a adaptación á normativa da Comunidade Autónoma galega do novo réxime estructural da pesca na Unión Europea, trala posta en marcha do instrumento financieiro de orientación da pesca (IFOP).

Desde entón publicouse o Real decreto 798/1995, do 19 de maio, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións con finalidade estructural no sector da pesca, da acuicultura e da comercialización e transformación dos seus productos, que ten carácter de normativa básica do Estado dentro do concepto constitucional de «ordenación do sector pesqueiro», e que introduce determinadas modificacións ás que é preciso adapta-lo decreto autonómico. Así, recóllense as limitacións nas axudas de modernización de buques pesqueiros ós de menos de 5 anos de antigüidade, e esténdese a obriga de mante-lo investimento no caso da construcción de buques de cinco a dez anos. Así mesmo, o real decreto establece a obrigatoriedade de que as axudas relativas a buques pesqueiros deberán tramitarse naquela comunidade autónoma onde se sitúe o porto base, polo que perde a súa razón de ser o criterio de prioridade baseado nesa circunstancia.

Tamén se modificou o Regulamento (CE) nº 3699/1993, polo que se definen os criterios e condicións das intervencións comunitarias con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos, coa publicación do Regulamento (CE) nº 1624/1995, do Consello, do 29 de xuño de 1995, no cal e en atención ás disposicións do Convenio de Londres, polo que a máis tardar o 1 de xaneiro do ano 2004 se xeneralizará o emprego do arqueo bruto en tódolos buques da flota pesqueira da Unión Europea, polo que resulta preciso establecer un novo baremo para efectos do cálculo dos investimentos máximos subvencionables para a flota pesqueira, alternativo ó actual.

Por último, as esixencias da Unión Europea en materia de execución orzamentaria para a remisión das sucesivas entregas e anticipos do IFOP aconsellan axilizar ó máximo a xestión mediante a simplificacción do procedemento, obtendo maior eficacia sen menoscabo das necesarias garantías. Así, para a acreditación do non inicio do investimento con antelación á solicitude da axuda, no caso dunha nova construcción non se considera necesaria a certificación dun funcionario da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, sendo suficiente cunha declaración xurada do peticionario. Da mesma maneira, no caso de investimentos ou de subvencións plurianuais non se considera necesario que en tódolos casos se subscriba un contrato-programa entre as partes, limitándose estes ós supostos de investimentos en que pola súa importancia ou complexidade o estime conveniente o órgano xestor.

Por todo o anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na

súa reunión do día catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos nos seguintes puntos:

-Suprímese o punto nº 2 do artigo nº 9.

-O parágrafo segundo do punto 1. do artigo 10º queda redactado como segue:

«Así mesmo, as axudas para a modernización só se lles outorgarán ós buques que teñan máis de cinco e menos de trinta anos de idade, contados desde a data de entrada en servicio de buque. Non obstante, este límite de idade non se aplicará cando os investimentos se refiran á mellora das condicións de traballo e de seguridade, e/ou ós equipos de control das operacións de pesca.».

-No artigo 11º, onde se refire ó baremo indicado no anexo I, debe entenderse «no anexo I ou no anexo I bis».

-O artigo 13º queda redactado como segue:

«Os beneficiarios das axudas non poderán transferi-la propiedade das embarcacións nin cambia-lo seu porto base, nun prazo de cinco anos, salvo autorización expresa da Consellería de Pesca, Marisqueo e acuicultura. Así mesmo, os buques que foran obxeto de axudas para a modernización ou construcción non poderán ser achegados como baixa para modernizacións ou construccións, nin percibir primas por paralización definitiva nun prazo de cinco anos contados desde a finalización das obras no caso das axudas de modernización, ou de dez anos contados desde a data de entrada en servicio do buque no caso da nova construcción, salvo que os armadores devolvan as axudas percibidas polos mencionados conceptos. No caso da modernización a contía a devolver calcularase pro rata temporis.

O exposto anteriormente non lle será de aplicación ós buques perdidos definitivamente en accidentes».

-O punto 1. do artigo 34º queda redactado como segue:

«As solicitudes terán que ser presentadas nos lugares dispostos polas convocatorias antes do inicio do investimento, sendo requisito obrigado para a concesión da axuda a certificación, polos servicios correspondentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, na que se acredite a non iniciación do investimento. Non obstante, no caso da nova construcción de buques pesqueiros, a dita certificación poderá ser substituída por unha declaración xurada do peticionario».

O punto 2. do artigo 38º queda redactado como segue:

«As axudas poderán abranguer un ou varios exercicios, dentro das limitacións establecidas na Lei

11/1992, do 7 de outubro, de réxime financieiro e presupostario de Galicia, tendo en conta que en calquera caso o investimento efectivamente realizado e xustificado de acordo co establecido no artigo 35º deberá ser en cada exercicio ó menos igual á parte proporcional da subvención consignada para el. No caso de que a importancia ou complexidade do investimento o esixa, a xuízo do órgano xestor, suscribirase un contrato- programa no que se recollerán os dereitos e obrigas recíprocas que se deban desenvolver por parte das entidades beneficiarias e pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.».

Disposición transitoria

Respecto dos baremos alternativos de cálculo do investimento máximo subvencionable en buques de menos de 24 metros de eslora entre perpendiculares, en TRB ou en GT, aplicarase de oficio a opción máis favorable para o solicitante, de constaren ámbolos datos na documentación que acompaña a solicitude. De constar un só deles, aplicarase este. Non obstante, aquelas solicitudes de axuda xa presentadas na data de publicación do presente decreto sen que recaese resolución, disporán do prazo de trinta días naturais para presenta-lo dato de arqueo na outra alternativa elixible no caso de que desexen que se lles aplique esta.

No caso das solicitudes de axuda de buques de máis de 24 metros de eslora entre perpendiculares, será de aplicación exclusivamente o baremo do anexo I bis, expresado en unidades GT.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento deste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicacción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I (bis)

Categoría de buques por

clase de tonelaxe

(TB)

Importe máximo da prima

por buque de quince anos

(en ecus)

0,2 < 108.130/GT + 1.200
10 < 254.100/GT + 41.500
25 < 1003.520/GT + 56.000
100 < 3002.348/GT + 173.200
300 < 5001.912/GT + 304.000
500 e máis1.045/GT + 737.500

9602143