Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1996, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo de concentración da zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 196/1989, do 7 de setembro (DOG nº 193, do 6 de outubro de 1989).

Primeiro.-Con data de 13 de febreiro de 1996, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de San Cosme de Beigondo (Santiso-A Coruña), logo

de introducir no proxecto as modificacións oportunas en vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Santiso e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-Durante o prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes; poderán os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Edificio administrativo de Monelos, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, deberán expresar no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a sua elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 21 de febreiro de 1996.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe de Servicio de Estructuras e

Desenvolvemento Rural da Coruña

1608