Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos artigos 5 e 7 dos estatutos da Asociación de Empresas de Seguridad de Galicia (Aesgalicia).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse o día 23 de febreiro de 1996 a certificación da asemblea xeral da asociación celebrada o 17-1-1995 na que se acorda por unanimidade a modificación dos artigos 5 e 7 dos estatutos, referente ós fins da asociación e adquisición da condición de socio, respectivamente.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

96-2189