Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN de 12 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato para a realización de traballos específicos e concretos na administración consistente na implantación de programas de control de calidade no laboratorio de consumo de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio convoca o seguinte concurso polo procedemento aberto:

Obxecto: realización dos traballos de implantación de programas de control de calidade no Laboratorio de Consumo de Galicia.

Orzamento: catro millóns novecentas cincuenta mil pesetas (4.950.000 pesetas).

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina, na Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, sita en San Caetano, edificio administrativo nº 5 4º piso, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: as ofertas dirixiranse en calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado ó Instituto Galego de Consumo da Consellería de Industria e Comercio, sita en Santiago de Compostela, edificio administrativo San Caetano, 5º-4º andar, no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

Apertura de pregos: a apertura de pregos terá lugar no Instituto Galego de Consumo, ás once horas do décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións fose sábado, posporase ata o luns seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os indicados na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fianza provisional: nesta contratación queda dispensada a prestación da garantía provisional, ó abeiro do disposto no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, por ser de contía inferior a 27.266.208 pesetas.

Prazo de execución: será de nove meses (9) desde o día seguinte á súa sinatura.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela,12 de marzo de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo