Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de caza 95/0176.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º DA Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e mas do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo, (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación; poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o Art. 49 do Regulamento de caza, en relación co R.D. 167/1981, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, e para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 15 de febreiro 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-95/0176.

Denunciado: Francisco J. Novo González.

DNI: 32.828.648.

Último enderezo coñecido: Trav. Joaquín Planells, 3-6, A Coruña.

Feitos denunciados: cazar sen licencia e sen posuí-lo seguro obrigatorio do cazador.

Tipificación Lei de caza:

-Artigo: 48.2º.1 e 48.3º.53.

-Cualificación: menos grave e leve.

Sanción proposta: 3.500 multa, 50 Comiso., 20.000 Indemniz.

1611