Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.787

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (437/1995).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 437 de 1995, notifícaselle á entidade demandada Cousa Construcciones, S.A., a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o nº 437 de 1995, entre partes, dunha, como demandante, Francisco Edelmiro Trillo Pérez, maior de idade, casado, comerciante e veciño de Santa Comba, representado en autos polo procurador Fernández Pérez, asistido do letrado Sánchez Fernández, e doutra, como demandadas, a entidade Pérez Zumalave, S.L., domiciliada nesta cidade, representada en autos pola procuradora Goimil Martínez, asistida da letrada Trillo Nouche e a entidade Cousa Construcciones, S.A.E. con domicilio descoñecido, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio por dependencia do xuízo executivo nº 499/1993.

Decido que acepto a demanda formulada polo procurador Fernández Pérez, en nome e representación de Francisco Edelmiro Trillo Pérez, contra a entidade Pérez Zumalave, S.L., á que representa a procuradora Goimil Martínez, conforme a demanda, e a entidade Cousa, S.A., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, e debo declarar e declaro o levantamento do embargo realizado no xuízo executivo que, co nº 499/1993 se segue ante este órgano xudicial, sobre o predio que se describe no feito primeiro da demanda, e a súa pertenza ó deman

dante. Todo iso sen efectuar especial pronunciamento de custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamnete xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á entidade demandada Cousa Construcciones, S.A., declarada en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9601164