Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.786

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (242/1995).

Navares Villar, xuíz de primeira instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido:

Fai saber que neste xulgado e co número 242/1995 se tramita expediente de declaración de herdeiros, a pedimento de Francisco-Benigno Sandá Oroña, e no seu expediente se acordou anuncia-la morte sen testar de:

América Oroña Basante (coñecida como Benedicta), falecida en Viceso-Brión o 20 de xullo de 1966.

Jesusa Oroña Basante faleceu en Viceso-Brión o 9 de marzo de 1970.

Pedro Oroña Basante, declarado xudicialmente falecido o 17 de xaneiro de 1994.

Reclamada a herdanza a través do referido expediente e ante este xulgado os parente seguintes: os seus sobriños Celestino-Ramón e Francisco-Benigno Sandá Oroña.

Igualmente chámase ós que se crean con igual ou mellor dereito para que comparezan no xulgado para reclamalo dentro do prazo de trinta días.

O que publica para os fins e efectos acordados.

Dado en Negreira o 12 de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9601352