Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.787

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (67/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, fago saber que neste xulgado se segue xuízo de desafiuzamento número 67/1996, por expiración do termo nas actuacións do cal se dictou a resolución que literalmente di así:

«Cédula de citación. O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, Francisco Javier Míguez Poza, en resolución do día de hoxe dictada nos autos de xuízo de desafiuzamento número 67/1996, que se seguen neste xulgado por instancia de Sergio Vázquez Martorell, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra María del Carmen Gesto Nieto, Clemente González Peón, José Jaime Trillo Puente e demais herdeiros descoñecidos e incertos de Víctor González Álvarez e Dolores Puente Oleiro e calquera outra persoa descoñecida e incerta interesada no contrato de arrendamento obxecto do proceso, isto é, cine Rayola, actuación cine Avenida, sito na rúa Barreiras, 15, e o despacho de billetes sito no baixo da casa número 14-A, hoxe avenida Rosalía de Castro, 95, acordou cita-lo demandado que se dirá co obxecto de que compareza perante este xulgado o día 11 de abril de 1996 ás 10 horas, na sala de audiencia del, para a celebración do

correspondente xuízo verbal, prevíndoo de que se decretará o desafiuzamento sen volver ser citado nin oído, no caso de incomparecencia.

Para que conste e sirva de cédula de citación ó expresado demandado, expido, selo e asino esta. Asinado e rubricado. O secretario».

Para que así conste e sirva de citación ós herdeiros descoñecidos e incertos de Víctor González Álvarez e Dolores Puente Oleiro e a calquera outra persoa descoñecida e incerta interesada no contrato de arrendamento obxecto de proceso, expídese, sélase e asínase o presente edicto en Santiago de Compostela, nove de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1351