Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (46/1996-05).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Certifica que perante este xulgado e co número 46/1996 se segue expediente de xurisdicción voluntaria sobre aprobación das operacións particionais do caudal hereditario de Carmen Carrera García realizadas polo contador partidor Manuel Barreiro Fernández, instado o dito procedemento polo procurador Fernández Pérez, en representación de Consuelo Fernández Suárez e Eugenio, Gerardo David e Jesús Carrera Fernández; dictándose en data 13 de febreiro resolución pola que se facía saber ás partes que o dito caderno particional se achaba a disposición dos interesados por termo de oito días para alegacións.

E para que sirva de notificación á herdeira Dolores Carrera García, filla da causante en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

1332