Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.788

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (288/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial,

Fai saber que neste xulgado se seguen autos de proceso civil de cognición co número 288/1994 por instancia de Amparo Morais Flórez representada polo procurador García Piccoli contra José Barreiro Barral e Elisa Fernández Cambeiro en situación procesual de rebeldía sobre resolución de contrato de arrendamento, dictándose a sentencia co seguinte encabezamento e parte dispositiva:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición nº 288/1994, seguidos por resolución de contrato de arrendamento, sendo parte demandante Amparo Morais Flórez, maior de idade, baixo a representación procesual do procurador García Piccoli, e defensa letrada de José Lorenzo Vázquez; e aparecendo como parte demandada José Barreiro Barral e Elisa Fernández Cambeiro, maiores de idade, declarados en rebeldía.

Decido.-Que estimando integramente a demanda presentada por Amparo Morais Flórez, contra José Barreiro Barral e Elisa Fernández Cambeiro, debo declarar e declaro extinguido o contrato de arrendamento que ligaba ás partes, sobre a vivenda sita no piso 2º da rúa Hospitalillo nº 9, xunto co seu faiado ou rocho, desta cidade de Santiago de Compostela, e na súa virtude condeno ós demandados a deixa-la citada vivenda libre e ó dispor da demandante, dentro do prazo legal con apercibimento de lanzamento se non o fixesen; con expresa imposición de custas ós demandados.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se presentará neste xulgado, no prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada á parte demandada rebelde no modo e forma que preceptúan os artigos 282 e 283 da Lei de axuizamento civil, de non instarse a persoal dentro do quinto día, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, emito o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela seis de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

1313