Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de marzo de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

A Lei 31/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

-Guía de técnicas, estratexias e recursos para busca de empregos: 2.000 ptas.

-Promoción do emprego: 2.000 ptas.

-Outono fotográfico: 1.000 ptas.

-A muller galega no mercado de traballo.

Unha perspectiva de 1985 a 1994: 1.600 ptas.

-Situación socio-económica das mulleres separadas en Galicia: 1.500 ptas.

-Memoria 95, Consellería de Familia, Muller e Xuventude: 3.000 ptas.

2039