Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 21 de febreiro de 1996 pola que se convoca a V Mostra Galega de Novos Creadores de Moda Xuventude-96.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas Consellerías de Familia, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa fomento da actividade xuvenil, figurando entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, a través da súa Dirección Xeral de Cultura, que ten, entre outras funcións, a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, artes líricas e da imaxe, así como a promoción das artes plásticas e populares, de acordo co Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, e o Decreto 49/1994, do 4 de febreiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude-96.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude convoca a V Mostra Galega de Novos Creadores de Moda Xuventude-96, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través das delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude coa colaboración das delegacións provinciais da Consellería de Cultura.

Artigo 3º

As actividades que implique o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1996.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

V MOSTRA GALEGA DE NOVOS CREADORES DE MODA XUVENTUDE-96

I. Participantes.

Xoves deseñadores de moda galegos ou residentes en Galicia con idades comprendidas entre 16 e 30 anos, cumpridos durante o ano 1996, en grupo ou individualmente.

II. Concidicións xerais.

1. As coleccións versarán sobre primavera-verán 97.

2. As coleccións deben ser orixinais e non ter participado noutros certames ou mostras.

3. Os participantes presentarán os seus deseños en láminas de 42 x 32 cm como mínimo, con deseño de fronte e de costas.

4. Poderanse presentar un máximo de tres coleccións, que constarán cada unha de 10 a 15 modelos.

5. Cada colección levará no reverso unicamente o título desta co pseudónimo do autor.

6. Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co seudónimo no seu exterior, e no interior o boletín de inscrición que se indica no anexo III debidamente cuberto, fotocopia do DNI por ámbalas dúas caras e currículum do autor.

7. En ningún caso nos deseños pertencentes á/s colección/s presentadas deberán figurar datos que identifiquen ós deseñadores, para garanti-lo anonimato en todo momento; isto non imposibilita a descrición dos materiais e complementos da colección.

III. Inscricións.

As solicitudes deberán formularse no impreso normalizado que se indica no anexo II.

Os participantes deberán presenta-las obras xunto coa solicitude e o sobre pechado no Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados residan habitualmente, que pode ser en:

r/ Ronda de Fingoi, s/n- 27002 Lugo.

Avda. da Habana, 81- baixo- 32004 Ourense.

r/ Durán Loriga, 9-1º- 15003 A Coruña.

r/ Benito Corbal, 47- 2º- 36001 Pontevedra.

antes do día 1 de outubro de 1996.

IV. Desenvolvemento.

O xurado seleccionará 10 participantes cunha colección de cada un deles. A selección será feita ante notario.

Os seleccionados confeccionarán catro dos modelos para o pase que se realizará na cidade de Vigo no Centro Cultural Caixa Vigo o día 22 de novembro de 1996.

V. Premios.

Establécense os seguintes premios e axudas:

Dous premios de 250.000 pesetas, ou bolsa alternativa polo mesmo importe, que poderá compatibilizarse con calquera outra axuda das que poida outorga-la Xunta de Galicia, relativa ó compo obxecto do certame.

Axudas: 100.000 pesetas por cada un dos 10 seleccionados como apoio á confección dos modelos.

Así mesmo faráselle entrega a cada un dos participantes na fase autonómica dun diploma que acredite a súa participación nesta Mostra Galega de Novos Creadores de Moda.

VI. Xurado.

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e polo director xeral de Cultura, e estará formado por persoas cualificadas no mundo da moda, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra.

Contra a decisión do xurado non caberá recurso.

VII. Dereitos.

As obras, e, se é o caso, os informes dos seleccionados, quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude, durante o período da actividade.

Queda implícita a autorización do autor ou autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación da imaxe ou contido desta por parte da Consellería de Familia, Muller e Xuventude por calquera dos medios que esta estime oportuno.

Queda implícita na inscrición e participación nesta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a interpretación destas, ou calquera modificación destas, será resolta pola Dirección Xeral de Xuventude.

1758