Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1996, da Escola Galega de Administración Pública, pola que se convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local da provincia da Coruña un curso de xestión orzamentaria e financeira para cargos electos das entidades locais.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de xestión orzamentaria e financeira para cargos electos das enti

dades locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos:

Análise da lexislación vixente en materia orzamentaria, e das distintas técnicas de xestión orzamentaria e financeira que, en desenvolvemento da autonomía local, poden ser obxecto de aplicación polos responsables políticos das corporacións locais.

2. Destinatarios:

Alcaldes, concelleiros de facenda e membros, en xeral, das comisións de Facenda e Especial de Contas das corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Solicitudes:

Aqueles que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, xuntando, en todo caso, resgardo do ingreso dos dereitos de inscrición sinalados na base 5.

4. Tramitación de solicitudes:

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro do Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia da Coruña, ou no da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela, ou nas dependencias que sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común antes do día 8 de abril.

5. Dereitos de inscrición:

Establécense en 30.000 ptas. O aboamento efectuarase mediante ingreso na conta corrente do Colexio de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da provincia da Coruña nº 0182/2200-0000018355, Banco Bilbao Vizcaya, O.P., A Coruña.

O xustificante do pagamento deberase xuntar á solicitude.

6. Número de prazas:

50.

7. Selección:

Ata o número máximo de 50 seleccionados, por rigorosa orde de inscrición.

8. Modificacións:

A EGAP, logo de consulta ó Colexio Provincial da Coruña, reserva para si a facultade de cancela-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificara a súa realización.

9. Duración:

40 horas lectivas.

10. Lugar e datas de realización:

Sede do Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración local da Coruña, tódolos xoves laborables entre o 11 de abril e o 13 de xuño.

11. Horario:

Tardes, de 17 a 21 horas.

12. Certificado de participación:

Outorgarase certificado de participación ós alumnos que asistan con regularidade ó curso e non teñan unha inasistencia igual ou superior ó 15% das horas programadas.

De superar este límite sexa cal sexa a causa, non se lles expedirá certificado e daráselles de baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

13. Contido:

A planificación estratéxica no marco das corporacións locais. Procedemento de elaboración e aprobación do orzamento local. As bases de execución do orzamento. As modificacións orzamentarias. As novas técnicas orzamentarias. A xestión financeira

das entidades locais. Os ingresos das facendas locais. O imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre actividades económicas. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. A tributación da actividade urbanística. As taxas, contribucións especiais e prezos públicos. A participación nos ingresos do Estado. Consideración especial das transferencias derivadas dos distintos programas e fondos estructurais da Unión Europea. O gasto público local. A nova lei de contratos das administracións públicas e a súa incidencia na xestión do gasto público local. A xestión de recursos humanos nas entidades locais. Réxime de cotizacións á Seguridade Social. Convenios INEM-corporacións locais. O endebedamento das entidades locais.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

1739