Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 1 de marzo de 1996 pola que se aproba o Plan de Inspección Sanitaria para 1996.

O Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais afonda no papel de autoridade sanitaria que lle corresponde asumir á consellería, e introduce entre outras novidades, a función do Sergas como comprador de servicios sanitarios atribuíndo ás xerencias de Atención Primaria e Atención Especializada ademais doutras institucións públicas e privadas, o papel de provedoras dos referidos servicios. Resáltase así mesmo a necesidade de dotar á Inspección Sanitaria dunha estructura precisa para o adecuado desempeño das súas funcións en materia de inspección e avaliación da asistencia sanitaria, espe

cialmente as relacionadas coa responsabilidade da consellería como órgano garante do cumprimento dos criterios mínimos de calidade establecidos para o exercicio das actividades sanitarias tanto no sector público como privado, así se dota de rango administrativo de subdirección xeral á Inspección Sanitaria.

Por outra banda, os recentes cambios introducidos en materia de saúde laboral pola aprobación das últimas disposicións que veñen regula-las prestacións nesta materia, obrigan a un novo enfoque nas actividades da inspección, co fin de adecualas ás actuais necesidades para o seguimento e garantía do acceso e uso axeitado destas prestacións.

Finalmente, a situación xerada polo incremento do gasto derivado da prestación farmacéutica, lévanos unha vez máis a afondar naqueles aspectos da prestación susceptibles de mellora, ademais da posta en marcha de actividades de avaliación en relación cos programas de drogodependencias, dada a trascendencia sanitaria e social delas.

En consecuencia, de acordo co establecido no Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións da Inspección de Servicios Sanitarios, por proposta do secretario xeral,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o Plan de Inspección Sanitaria para 1996, que figura como anexos I e II da presente orde.

Artigo 2º

A memoria anual de actividades da Inspección Sanitaria correspondente a 1996 elaborarase tendo en conta os resultados dos programas incluídos no presente plan.

Os servicios provinciais da Inspección Sanitaria deberán remiti-la memoria de actividades correspondente á súa provincia antes do 30 de xaneiro de 1997.

Santiago de Compostela, 1 marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

PLAN ANUAL DE INSPECCIÓN SANITARIA PARA 1996

OBXECTIVOS DA INSPECCIÓN CENTRAL

I. Saúde laboral.

1. Audita-los sistemas de rexistro das baixas laborais no 100% dos centros do Sergas.

2. Avalia-lo procedemento seguido no cálculo do custo económico do absentismo no Sergas.

3. Protocoliza-las actividades de inspección no relativo ós servicios de prevención nas empresas da Comunidade Autónoma, conforme as normas de desenvolvemento.

4. Propoñer, de acordo co regulamento de desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais, o procedemento para a creación dos servicios de prevención na Administración sanitaria galega.

5. Protocoliza-los sistemas de información e rexistro de enfermidades profesionais e accidentes de traballo.

6. Protocoliza-lo procedemento seguido na inspección, acreditación e avaliación dos servicios e actividades sanitarias desenvolvidas polas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, e en especial, as relativas á colaboración no control da incapacidade temporal por enfermidade profesional ou accidente laboral.

II. Inspección e avaliación de centros e servicios do Sergas.

1. Avalia-lo 100% dos servicios de rehabilitación propios do Sergas no relativo a: demanda sanitaria, rendemento asistencial, demora, protocolización de actividades, volume de derivacións e custo xerado.

2. Avalia-lo impacto económico derivado das disposicións adoptadas no Sergas sobre reintegro de gastos por asistencia sanitaria, no primeiro ano da súa aplicación.

3. Avalia-la actividade e custo do transporte sanitario urxente en Galicia no primeiro ano da implantación da Rede de Transporte Sanitario Urxente.

4. Estudio cuantitativo e cualitativo das reclamacións sobre a asistencia sanitaria presentadas polos usuarios no Sergas, xa sexa en centros propios ou concertados. Avaliarase ademais a xestión realizada no 100% dos hospitais.

5. Audita-lo rendemento do Servicio de Radiodiagnóstico, no relativo a estudios mamográficos dos complexos hospitalarios Xeral-Calde de Lugo, Xeral-Cíes de Vigo e Cristal-Piñor de Ourense.

6. Audita-lo grao de cumprimento da implantación do programa de calidade Consentimento Informado no Sergas.

7. Protocoliza-lo procedemento de avaliación estructural e organizativa en centros concertados.

III. Inspección e avaliación de centros, servicios e establecementos privados.

1. Análise das reclamacións xeradas por asistencia sanitaria no sector privado.

2. Inspeccionar nas residencias asistidas da terceira idade existentes na Comunidade Autónoma as actividades sanitarias que realicen co fin de avalia-las condicións estructurais e o grao de adecuación en materia sanitaria á normativa vixente en coordinación coa Dirección Xeral de Servicios Sociais.

3. Inspecciona-la adecuación á normativa sanitaria vixente dos centros de radiodiagnóstico extrahospitalarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

IV. Prestacións farmacéuticas.

1. Inspecciona-lo 100% das unidades asistenciais de drogopendencias co obxectivo de comproba-las condicións de uso e control da metadona, así como as condicións de custodia, uso e conservación dos talonarios de receitas oficiais e de prescrición da metadona, daqueloutros aspectos a suxestión do comisionado do Plan Autónomico de Drogodependencias.

2. Inspecciona-lo 100% das oficinas de farmacia que subministran metadona ás unidades de drogodependencias co obxecto de comproba-las condicións de preparación da metadona e cumprimento da normativa vixente.

3. Avalia-la prescrición de antibióticos na Comunidade Autónoma de Galicia. Será realizada polas unidades provinciais de Control da Prestación Farmacéutica baixo a coordinación da Inspección Sanitaria Central.

ANEXO II

PLAN DE INSPECCIÓN SANITARIA PARA 1996

OBXECTIVOS DOS SERVICIOS PROVINCIAIS DE INSPECCIÓN SANITARIA

I. Saúde laboral.

Fíxanse como obxectivos na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, os seguintes:

1. Programa de absentismo na poboación xeral.

1.1. Revisa-lo 100% das baixas laborais:

-Nos procesos agudos antes dos 30 días.

-Nos procesos crónicos antes dos 3 meses.

1.2. Abrir unha historia clínico-laboral no 100% das novas baixas que se xeren.

1.3. Entrevista-lo 30% dos facultativos da provincia con maior grao de prescrición de baixas laborais ós seus asegurados.

1.4. Responde-lo 100% das reclamacións de empresas nun prazo máximo de 15 días.

2. Programa de absentismo nos centros do Sergas.

2.1. Auditar, baixo a coordinación da Inspección Central, os sistemas de rexistro das baixas laborais nos centros correspondentes a cada provincia.

2.2. Reduci-la taxa global anual de absentismo nas seguintes porcentaxes:

A Coruña:

-Atención primaria.

XAP da Coruña: -0,5%.

-Atención especializada.

C.H. J. Canalejo-Marítimo de Oza: -1%.

C.H. A. Marcide-Novoa Santos: -1%.

Lugo:

-Atención primaria.

XAP de Lugo: -1%.

-Atención especializada.

C.H. Xeral-Calde: -0,5%.

H.C. de Burela: -1%.

H.C. de Monforte: -0,5%.

Ourense:

-Atención primaria.

XAP de Ourense: -0,5%.

-Atención especializada.

C.H. Cristal-Piñor: -0,5%.

H.C. de Valdeorras: -0,5%.

Pontevedra:

-Atención primaria.

XAP de Vigo: -1%.

-Atención especializada.

C.H. Xeral-Cíes: -1%.

H. do Meixoeiro: -0,5%.

H. Nicolás Peña: -1%.

H. Montecelo: -0,5%.

2.3. Iniciar na provincia de Pontevedra o rexistro e control das baixas laborais do persoal do Complexo Hospitalario Provincial de Rebullón.

3. Programa de absentismo da Xunta de Galicia.

3.1. Actuar en relación coa procedencia da baixa nun prazo medio non superior a 15 días.

3.2. Reponde-lo 100% das reclamacións presentadas polas unidades administrativas nun prazo medio de 15 días.

4. En relación coas mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

4.1. Adecuar e actualiza-lo censo de mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ó 100% das operantes en cada provincia.

4.2. Informa-los plans asistenciais das MATEPs en cumprimento do establecido no Real decreto 1993/1995, nun prazo inferior a 15 días desde a súa recepción.

4.3. Inspeccionar cando menos o 25% dos servicios asistenciais das MATEPs existentes en cada provincia. Estas inspeccións realizaranse con independencia daquelas ás que se estivera normativamente obrigado.

4.4. Colaborar coas MATEPs no control da incapacidade temporal en materia de altas médicas co compromiso de resolución do 100% das consultas de acordo coa vixente Orde do 21 de marzo de 1974 do Ministerio de Traballo (artigo 1).

5. En relación coas empresas no relativo ós servicios de prevención.

Seguimento e avaliación a nivel provincial, do grao de aplicación polas empresas das medidas que se dispoñan en desenvolvemento da Lei de prevención de riscos laborais de acordo co protocolo establecido pola Inspección Sanitaria Central da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

II. Concertos.

A Coruña.

1. Avaliación semestral da actividade asistencial prestada en centros e servicios alleos utilizados polo

Sergas nas provincias e remisión do informe correspondente á Inspección Sanitaria Central.

2. Avaliación anual do cumprimento das condicións estructurais e organizativas nos centros concertados co Sergas, establecidos nos correspondentes concertos, actualizando as fichas técnicas respectivas.

3. Inspecciona-los centros concertados da provincia polo menos unha vez ó mes cada un.

Lugo.

1. Avaliación semestral da actividade asistencial prestada en centros e servicios alleos utilizados polo Sergas nas provincias e remisión do informe correspondente á Inspección Sanitaria Central.

2. Avaliación anual do cumprimento das condicións estructurais e organizativas nos centros concertados co Sergas, establecidos nos correspondentes concertos, actualizando as fichas técnicas respectivas.

3. Avaliación mensual do custo das derivacións a centros concertados para hernias discais, cordais e patoloxía neurolóxica.

Ourense.

1. Avaliación semestral da actividade asistencial prestada en centros e servicios alleos utilizados polo Sergas nas provincias e remisión do informe correspondente á Inspección Sanitaria Central.

2. Avaliación anual do cumprimento das condicións estructurais e organizativas nos centros concertados co Sergas, establecidos nos correspondentes concertos, actualizando as fichas técnicas respectivas.

3. Realizar enquisas de satisfacción ós usuarios no 100% dos centros concertados.

Pontevedra.

1. Avaliación semestral da actividade asistencial prestada en centros e servicios alleos utilizados polo Sergas nas provincias e remisión do informe correspondente á Inspección Sanitaria Central.

2. Avaliación anual do cumprimento das condicións estructurais e organizativas nos centros concertados co Sergas, establecidas nos correspondentes concertos, actualizando as fichas técnicas respectivas.

3. Realizar enquisas de satisfacción ós usuarios no 100% dos centros concertados.

III. Prestacións e servicios complementarios.

A Coruña.

1. Reduci-la demora máxima na tramitación dos reintegros de gastos a 30 días.

2. Avalia-la actividade e custo do transporte sanitario urxente na provincia.

3. Avaliación semestral do pacto subscrito pola dirección provincial coa xerencia do complexo hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza en materia de prestación ortoprotésica.

4. Implantar nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela e Ferrol controis gasométricos periódicos dos pacientes en osixenoterapia domiciliaria de xeito que se obteña a revisión do 100% dos pacientes no primeiro semestre do ano.

Lugo.

1. Reduci-la demora máxima na tramitación dos reintegros de gastos a 30 días.

2. Avalia-la actividade e custo do transporte sanitario urxente na provincia.

3. Avalia-lo custo xerado polo transporte colectivo establecido para o tratamento de rehabilitación e hemodiálise.

4. Avalia-los criterios de prescrición e custo no 100% dos dispositivos de apnea do sono e concentradores de osixenoterapia e no 50% do osíxeno en bala.

Ourense.

1. Reduci-la demora máxima na tramitación dos reintegros de gastos a 30 días.

2. Avalia-la actividade e custo do transporte sanitario urxente na provincia.

3. Avalia-lo programa de visado de receitas por correo interno.

4. Protocoliza-la prescrición de cueiros de incontinencia urinaria.

Pontevedra.

1. Avalia-lo circuíto administrativo da tramitación de solicitudes de prestacións ortoprotésicas na Dirección Provincial do Sergas e deseña-lo procedemento que permita simplificar e axiliza-la súa tramitación.

2. Avalia-la actividade e custo do transporte sanitario urxente na provincia.

3. Avalia-los resultados do programa de transporte colectivo para tratamentos de rehabilitación, desde a súa implantación no ano 1994 nas áreas urbanas de Vigo e Pontevedra.

4. Protocoliza-la prescrición de cueiros de incontinencia urinaria.

5. Establecer protocolos de actuación conxunta entre a Inspección Médica e a Inspección de Farmacia sobre control da prescrición.

6. Avalia-lo programa de visado de receitas por correo interno.

7. Implanta-lo programa de reclamacións xeradas por asistencia nos centros de Atención Primaria e Especializada da provincia.

IV. Prestacións farmacéuticas.

A Coruña.

1. Realización das últimas fases do programa de seguimento da prescrición de antibióticos: remisión ós facultativos dunha nota informativa sobre a prescrición de antibióticos na provincia, remisión periódica de datos relativos ó seu perfil de prescrición de antibióticos e avaliación a nivel provincial da actividade realizada en relación con este programa.

2. Seguimento e avaliación da adquisición directa de cueiros de incontinencia urinaria no 100% dos centros socio-sanitarios da provincia.

3. Seguimento especial da prescrición de contrastes radiolóxicos no ámbito da atención primaria e especializada.

4. Programa de seguimento da facturación de útiles e accesorios.

Lugo.

1. Realización das últimas fases do programa de seguimento da prescrición de antibióticos: remisión ós facultativos dunha nota informativa sobre a prescrición de antibióticos na provincia, remisión periódica de datos relativos ó seu perfil de prescrición de antibióticos e avaliación a nivel provincial da actividade realizada en relación con este programa.

2. Mante-lo nivel acadado de revisión cualitativa e cuantitativa sobre facturación de receitas polo Colexio Oficial de Farmacéuticos.

3. Avalia-los resultados do programa de prescrición de inhaladores do grupo terapéutico RO3A1.

4. Programa de seguimento da facturación de útiles e accesorios.

Ourense.

1. Realización das últimas fases do programa de seguimento da prescrición de antibióticos: remisión ós facultativos dunha nota informativa sobre a prescrición de antibióticos na provincia, remisión periódica de datos relativos ó seu perfil de prescrición de antibióticos e avaliación a nivel provincial da actividade realizada en relación con este programa.

2. Implanta-lo programa de información ós facultativos da provincia sobre prescrición de medicamentos xenéricos.

3. Programa de seguimento da facturación de útiles e accesorios.

4. Seguimento especial da prescrición de contrastes radiolóxicos no ámbito da atención primaria e especializada.

Pontevedra.

1. Realización das últimas fases do programa de seguimento da prescrición de antibióticos: remisión ós facultativos dunha nota informativa sobre a prescrición de antibióticos na provincia, remisión periódica de datos relativos ó seu perfil de prescrición de antibióticos e avaliación a nivel provincial da actividade realizada en relación con este programa.

2. Implanta-lo programa de información ós facultativos da provincia sobre prescrición de medicamentos xenéricos.

3. Programa de remisión ós facultativos de información sobre os seus niveis de prescrición de especialidades farmacéuticas pertencentes a subgrupos terapéuticos de baixa utilidade.

4. Remisión trimestral ós facultativos de atención primaria de información sobre o seu gasto farmacéutico.

5. Programa de seguimento da prescrición de antiagregantes plaquetarios.

6. Programa de seguimento da facturación de útiles e accesorios.

7. Programa de seguimento da prescrición da especialidade farmacéutica «Neo-fertinorm».

1676