Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 1996 Páx. 2.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de febreiro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis da batea Jua número 2.

Visto o expediente incoado por Benito Allo Fernández, no que se solicita o cambio de dominio mortis-causa do viveiro fluctuante de cultivo de mexillón denominado Jua nº 2, outorgado pola orde ministerial do 14-10-1970 (BOE nº 265), situado na cuadrícula nº 14, do polígono E de Cambados, rematando a concesión o 5-11-2000, e do que eran titulares Mª Dolres Barreiro Otero e Benito Allo Fernández.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificaicón do rexistro de últimas vontades, a declaración de herdeiros abintestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional de herdanza, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Benito Allo Fernández, Patricia Allo Barreiro, Ana Isabel Allo Barreiro e José Luis Allo Barreiro.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 22 de febreiro de 1996.

P. D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

1674